Rexurdimento galego: escritores, xéneros e obras destacadas

Outras linguas estranxeiras3,84 KB

1.- Mellorar as condicións de vida dos labregos e denunciar o caciquismo

- Solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba

2-

 Rexurdimento (SXIX)1º terzo século XX
Escritores + destacadosPondal, Rosalía, CurrosRamón Cabanillas, Grupo Nós
Xéneros literariosPoesíaNovela e teatro
Textos non literariosAlgúns poucos xornaisMoitos textos que se fixeron
Uso público oralNon actos públicosMoitos actos públicos

3-Eran os homes de Nós que non atopan acomodo no mundo que lles tocou vivir

Obras- Risco (O porco de pé), Otero (Os camiños da vida), Castelao (Sempre en Galiza)

4 A poesía lírica de Cabanillas está contida nas seguintes obras: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas. Manifestanse estas direccións: Poesía cívica que nos tres primeiros libros Cabanillas recolle o facho prendido por Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala, a Poesía intimista que ten ecos de Rosalía nalgúns aspectos e a Poesía costumista que presenta matices humorísticos ou irónicos. Na poesía narrativa, moi próximo aos principios do Grupo Nós, Cabanillas escribirá Na noite estrelecida obra na que recupera os temas da materia de Bretaña situando acción en Galicia. Outras obras de carácter narrativo tamén son: O bendito San Amaro e Samos.


As Irmandades da Fala

- A cooficialidade entre galego e castelán

- A autonomía integral para Galicia

- O ingreso na Liga das Nacións e estudar unha relación federal con Portugal

- A igualdade de dereitos entre o home e a muller

Seminario de estudos galegos

- Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego

- Formar investigadores

- Utilizar o galego no ámbito científico

O Partido Galeguista

Foi o primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Naceu en 1931 e acollía no seu seo persoas de moi diferentes ideoloxías pero cun obxectivo común: a consecución dunha maior autonomía para Galicia

Características Grupo Nós

- Orixe pequeno burguesa de case todos os membros

- Formación universitaria de todos

- Evolución  dende diferentes posicións ideolóxicas para confluír no galeguismo

- Sentimento de inconformismo, inaptación e rebeldía co mundo que lles tocou vivir

- Aposta clara pola modernidade, pero sen renunciar a tradición

- Especial querenza polas culturas alleas e exóticas, polo esoterismo e polo mundo de mais alá

- Creadores da prosa e do ensaio galego modernos

- Encargados de dar e coñecer o máis novidoso das culturas europeas en Galicia e de difundir a nosa cultura fóra

- Pioneiros no emprego de ambientación urbana na narrativa

Descargar

PDF Word HTML