O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova en 1851, de onde fuxiu á idade de 15 anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade onde fixo o bacharelato e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. O seu ideal de goberno era unha democracia burguesa, laica e progresista, e de aí o seu anticlericalismo, posto que a Igrexa era un dos piares...