Historia do Teatro Galego (1936-1976): Evolución e Autores
O teatro galego entre 1936 e 1976
O resultado da Guerra Civil orixinou un silencio editorial e literario en Galicia ata o ano 1950. O teatro non foi unha excepción: entre 1936 e 1952 só se publicaron tres obras: Non chores, Sabeliña!, Romance de cristiano e mouro na frangueira de Cabanillas e Viaxe perdido de Xosé Ibáñez. Aínda que os coros populares facían algunha representación pequena, a posta en marcha da Editorial Galaxia, coa súa revista Grial e a colección "Illa Nova", foi o punto decisivo no proceso de recuperación teatral.
1. Teatro de posguerra
Formado por autores nados arredor de 1910, como Blanco Amor (Farsas para títeres) e Cunqueiro (Isabel). Tratan o tema do absurdo e da angustia existencial desde unha perspectiva universal, preto da realidade social e con personaxes dun mundo escuro e problemático. A obra máis importante deste período é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Cunqueiro.
2. Xeración dos 50
Escritores dedicados ao cultivo do teatro que, na súa maioría, quedaron como "teatro para ler". Destacan:
- Manuel María: Auto do taberneiro. Nos anos 60 utilizouno como plataforma ideolóxica por consideralo educativo. Tamén destacan Barriga Verde e Farsa de Bululú.
- Xohana Torres: Un hotel de primeira sobre o río.
- María Xosé Queizán: Antígona ou a forza do sangue.
3. Teatro independente e o Grupo do Teatro de Abrente
A finais dos anos 60, o teatro vive un gran desenvolvemento, visible na Mostra de Teatro de Ribadavia, que serviu de plataforma de lanzamento para novas compañías. É un teatro comprometido no que se denuncia a opresión política, lingüística e cultural. Os autores que logran renovar o teatro son coñecidos como o "Grupo do Teatro de Abrente", destacando:
- Manuel Lourenzo: A súa obra dramática orixinal agrúpase en varios ciclos: o mítico-greco-latino (Romería ás cousas do demo), o das mulleres apaixoadas (Xoana), o mitolóxico galego (O soño das cidades) e o experimental (Magnetismo).
- Euloxio R. Ruibal: As súas primeiras obras conxugan as tendencias das vangardas europeas coa tradición galega, como A sombra do Bon Cabaleiro.
- Roberto Vidal Bolaño: Dedicado exclusivamente ao teatro, iniciouse con Laudamuco, señor de ningures e Doentes, cun teatro innovador e unha visión pesimista da realidade.