Vanguardas do século XX: renovación artística e vangarda galega
Vanguardas: movemento de renovación estética
Vanguardas —movemento de renovación estética que revolucionou a arte en Europa nas primeiras décadas do século XX— afectou tódalas artes, en especial as artes plásticas e a poesía. As diferentes solucións reciben o nome de ismos:
- Futurismo: velocidade (Marinetti).
- Cubismo: obxecto en liñas e planos xeométricos (Apollinaire).
- Creacionismo: non imitación da realidade (Huidobro).
- Surrealismo: vía libre aos soños (Dalí, Buñuel...).
Características
Busca da arte pura como algo autónomo, sen conexión co mundo real. Actitude antisentimental. Deshumanización: elude toda referencia ao ser humano. Renovación da linguaxe literaria: utilización do verso libre, uso de caligramas. Publicación de manifestos.
Vanguardas en Galicia
Introducidas por un grupo de escritores coñecidos como a Xeración do 25 en revistas como Alfar ou O Yunque, nas que colaboraban autores como Bretón, Borges, Lorca, Picasso, etc. Introducen os seguintes movementos ou tendencias:
Neotrobadorismo
Neotrobadorismo: recuperación da forma e do ritmo das cantigas medievais. Iniciador: Bouza Brey co seu libro Nao Senlleira, aínda que algúns non a consideran auténtica vangarda. En cambio, Cantiga nova, que se chama Riveira de Álvaro Cunqueiro, si que se considera vangarda.
Hilozoismo
Hilozoismo: Amado Carballo recolle a tradición paisaxística do s. XIX combinándoa con recursos propios das vangardas. Natureza e elementos humanizados, con métrica sinxela. Obras relevantes de Amado Carballo: Vida, Proel e, postumamente, O Galo.
Creacionismo
Creacionismo: M. Antonio, plenamente vangardista ao romper coa tradición da poesía galega. Asinou, xunto co debuxante Cebreiro, o manifesto «Máis alá». En vida só publicou De catro a catro, que son 19 poemas co mar de fondo, escritos durante a primeira navegación do autor e que constitúen unha especie de caderno de bitácora no que vai rexistrando a súa visión do mar.
Triple novidade
- Temática: pola súa visión do mar, do trascorrer do tempo e da existencia.
- Lingüística: segue os postulados do futurismo; introduce o tecnicismo do léxico mariñeiro.
- Formas: polas imaxes creacionistas.
Surrealismo
Surrealismo: Álvaro Cunqueiro dá entrada a este movemento nas nosas letras con Mar ao Norde e Poemas do Si e do Non.