A Xeración Nós e a Renovación da Literatura Galega
A renovación literaria da Xeración Nós
A actividade dos homes da Xeración Nós foi decisiva para a consolidación da literatura galega, xa que propiciaron a madureza definitiva do noso teatro e da nosa prosa.
Principais aportacións á prosa
No que respecta á prosa de ficción:
- Na novela: diversifícase a temática coa novela realista urbana e incorpóranse técnicas narrativas europeas como o monólogo interior ou a ruptura da secuencia temporal.
- No conto: consolídase o conto literario, caracterizado pola busca da brevidade, a síntese e a orixinalidade.
En canto á prosa ensaística:
- Adáptase o idioma para a expresión científica moderna.
- Abránguense todas as áreas do saber.
Vicente Risco, figura central (1884-1963)
Entre os seus principais...