Análise da Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo e Castelao

Outras linguas estranxeiras2,94 KB

A Xeración Nós: Autores e Obras Fundamentais

Vicente Risco

  • O porco de pé é unha novela de carácter satírico e burlesco. O seu protagonista é don Celidonio, un home vulgar e inculto que acaba sendo alcalde da súa cidade. A través del, Risco satiriza a clase burguesa.

Na produción ensaística de Risco cómpre salientar:

  • Nós, os inadaptados, relato das teimas intelectuais da xeración Nós, que acabaría atopando o sentido da súa vida na identificación coa Terra.
  • Teoría do nacionalismo galego, ensaio no que expón as súas ideas como ideólogo do nacionalismo galego.
  • Mitteleuropa (1934), onde recolle as súas impresións acerca da cultura e da política centroeuropeas, especialmente a alemá.

Ramón Otero Pedrayo

Foi catedrático de historia e cultivou todos os xéneros literarios, pero destacou como narrador. A súa obra narrativa sóese dividir en novelas realistas e novelas culturalistas.

Novelas Realistas

Limitadas á representación da sociedade galega do século XIX, especialmente a decadencia da fidalguía, son:

  • Os camiños da vida
  • O Mesón dos ermos
  • O fidalgo

Novelas Culturalistas

Neste apartado hai que distinguir entre:

  • Novelas históricas: Fra Vernero e mais A romaría de Xelmírez, nas que Otero exhibe os seus amplos coñecementos histórico-culturais.
  • Novelas psicolóxicas-autobiográficas: Arredor de si e Devalar, nas que nos presenta as inquedanzas intelectuais dos homes da súa xeración, describindo a crise vital que levaría a xentes como Otero Pedrayo ou o propio Risco, en principio alleos á cultura galeguista, a abrazar a causa nacionalista.

Home de ampla cultura, de Otero conservamos unha importante obra ensaística da que destacamos o seu labor no campo da xeografía e da historia con Síntese xeográfica de Galicia e o Ensaio histórico sobre a cultura galega.

Florentino Cuevillas

Cabe destacar o ensaio Dos nosos tempos, que é a historia da conversión ao galeguismo dos homes do Grupo Nós, tema tratado tamén por Risco e Otero Pedrayo.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Home polifacético, destacou en múltiples actividades:

  • Dirixente e teórico do nacionalismo galego.
  • Humorista gráfico da prensa diaria.
  • Pintor e debuxante (Álbumes: Nós, Galicia mártir, Milicianos e Atila en Galicia).
  • Narrador.

Temas e Técnica na Narrativa de Castelao

Os temas da narrativa de Castelao son o humanismo e o compromiso cos máis débiles, a crítica da marxinación de Galicia e a defensa da lingua. En canto á técnica, domina o relato breve a miúdo apoiado nun debuxo.

Descargar

PDF Word HTML