A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Obra de Carlos Casares

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Pertencen á Nova Narrativa Galega (NNG) as obras publicadas entre 1954, coa publicación de Nasce nunha árbore de Gonzalo Mondullo, e 1971, coa publicación de Adeus, María de Xohana Torres.

Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns, como pode ser a orixe social ou a formación universitaria, e teñen os mesmos obxectivos:

  • A renovación da narrativa galega.
  • O mantemento dunha actividade cultural e política galeguista.
  • A recuperación das Festas Minervais.
  • A participación na aparición do nacionalismo de esquerdas (UPG e PSG, na clandestinidade).

Teñen total compromiso coa lingua galega e soamente escriben en galego.

Características da NNG

Algunhas das características da NNG son:

  • Expresión do absurdo da existencia: presentan un mundo sen sentido a través da inadaptación dos personaxes ao medio.
  • Intimismo e introspección.
  • Recorren a miúdo a un mundo simbólico.
  • Utilizan o obxectalismo (descrición minuciosa dun obxecto), influencia do Nouveau Roman francés.
  • Aparece o multiperspectivismo (un relato pode ter varios narradores).
  • Predomina o monólogo interior.
  • Os espazos son urbanos, a miúdo claustrofóbicos e sórdidos. Tamén aparece a xustaposición de planos temporais.
  • Os personaxes están desprovistos de caracterización psicolóxica; aparecen como seres anónimos, desarraigados, desorientados, violentos, agresivos e, a miúdo, inmersos en estados patolóxicos.

Carlos Casares

Nado en Ourense e finado en Vigo, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia, recollido en sete volumes publicados por Galaxia titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Características das súas obras

  • Os temas céntranse en conflitos sociais e no estudo da alma humana.
  • As accións desenvólvense en ambientes urbanos.
  • Partindo de sucesos aparentemente reais, engade elementos fantásticos.
  • Constante presenza do mal, orixinado pola mentira, a vinganza, a envexa, a calumnia, etc.
  • Abundancia de personaxes pertencentes ao clero.
  • Utiliza o humor e a ironía.

Etapas na súa narrativa

Na súa narrativa distinguimos dúas etapas:

  1. Etapa de renovación formal ou NNG

    Nesta etapa aparece o monólogo interior, o obxectivismo ou obxectalismo. Destaca tamén pola ruptura sintáctica e por un narrador en segunda persoa. Pertencen a esta etapa dúas obras: Vento ferido e Cambio en tres:

    • Vento ferido

      Está formado por 12 relatos nos que predominan a frustración, a violencia, a soidade e a angustia.

    • Cambio en tres

      É a primeira novela contada en forma de monólogo por un emigrante que regresa a Galicia para acompañar o cadáver dun compañeiro morto nun accidente en París. Neste traxecto vai lembrando situacións e feitos, mesturados con vivencias persoais.

  2. Etapa de madurez

    Non pertence á NNG. Nela ambienta as súas obras nun pasado histórico utilizando técnicas próximas ao realismo. Obras principais: Ilustrísima e Os mortos daquel verán.

Descargar

PDF Word HTML