Agrarismo, Nacionalismo e Literatura na Galiza do Primeiro Terzo do Século XX
Os Anos de Axitación Social e o Rexurdimento Galego
Os anos do primeiro terzo do século XX foron anos de forte axitación social: 1ª Guerra Mundial, Felices Anos 20 ou Gran Depresión. España seguía ancorada nas estruturas socioeconómicas do XIX: desigualdade no repartimento da terra, deficientes comunicacións ou o caciquismo. A conflitividade social mesturada fixo que os militares se sublevasen contra a democracia, provocando unha Guerra Civil e, posteriormente, unha ditadura. En Galiza, o primeiro terzo do século XX supón o momento do agrarismo e do nacionalismo, a acentuación da emigración e do movemento obreiro, a fin da fidalguía e a aparición dunha burguesía dedicada ao comercio e á industria. Nesta situación, xorde o agrarismo, un movemento social que reivindica a eliminación dos foros e a mellora das condicións de vida dos labregos. A axitación campesiña articulouse en torno aos sindicatos agrarios como Acción Galega, liderado por Basilio Álvarez.
As Irmandades da Fala e o Nacionalismo Galego
Neste contexto, xorden e desenvólvense as Irmandades da Fala co fin de dignificar o galego, e con elas o nacionalismo galego. Fúndase a I Irmandade da Fala de Amigos da man dos irmáns Villar Ponte e aparece a revista A Nosa Terra. Potenciaron o galego mediante a creación de revistas e xornais, favoreceron o desenvolvemento do teatro en galego e propiciaron a fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG). O seu programa nacionalista recolle como puntos esenciais: a cooficialidade de galego-castelán, a potenciación do galego no ensino e na cultura en xeral, a autonomía integral de Galiza, e diversas reformas económicas e sociais. Desde o punto de vista literario, no século XX continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento e, co paso do tempo, evolucionaría debido á influencia do modernismo.
Antonio Noriega Varela: O Poeta da Montaña
O primeiro autor que marca o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela, O Poeta da Montaña. Acepta o costumismo e o sentido cívico, pero podemos ver nel certos influxos do modernismo. Escribiu unha soa obra, Montañesas; desde 1915, Do Ermo. As primeiras composicións posúen un ton reivindicativo. A súa poesía podería ser descrita en tres etapas:
- Costumista: céntrase na descrición da vida campesiña da montaña luguesa e adopta a voz do labrego.
- Lírica Pura: achégase á natureza no franciscanismo: amor polos compoñentes máis humildes da montaña.
- Sonetos: 21 sonetos influenciados pola literatura portuguesa. Mantén o tema da natureza e son moito máis cultos.
Ramón Cabanillas: O Poeta da Raza
O poeta máis destacado da época das Irmandades foi Cabanillas, O Poeta da Raza. Foi a voz lírica do movemento agrario e colaborador das Irmandades da Fala, do nacionalismo e do Grupo Nós. A súa poesía clasifícase en:
- Lírica: destacamos obras como: No Desterro, Vento Mareiro, Da Terra Asoballada, A Rosa de Cen Follas e Da Miña Zanfona. Esta poesía maniféstase en tres direccións principais:
- Social: de carácter agrarista e nacionalista.
- Costumista: trata a lembranza dun paraíso natural perdido e a conmoción da natureza.
- Narrativa: destacamos O Bendito San Amaro e Samos. Pero a obra máis importante é Na Noite Estrelecida, onde galeguiza a materia de Bretaña cun fin nacionalista. Está dividida en tres sagas: A Espada Escalibur, O Cabaleiro do Santo Grial e O Sono do Rei Artur.
A estética de Cabanillas constitúe unha síntese de varios elementos, que fan que o consideremos un poeta moderno e clásico á vez. Recolle a inquedanza de Rosalía, a protesta de Curros e o celtismo de Pondal, pero introdución á súa vez elementos renovadores modernistas: exotismo, colorismo, variedade métrica…