Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Bacharelato

Vangardas en Galicia: Poesía do Século XX

Outras linguas estranxeiras3,73 KB

A poesía de vangarda

O nacemento do século XX e a modernización literaria

O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización na nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar…), nas que se presentan as ideas vangardistas, e de obras de clara influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae do prelo o primeiro manifesto poético galego, o manifesto Máis alá!

...
Seguir lendo "Vangardas en Galicia: Poesía do Século XX" »

A Prosa do Primeiro Terzo do XX: Irmandades e Grupo Nós

Outras linguas estranxeiras2,54 KB

A Prosa do Primeiro Terzo do XX. As Irmandades e o Grupo Nós

Podemos destacar 3 promocións: narrativa, ensaio e xornalismo.

A. Os epílogos do Rexurdimento

Antón Villar Ponte, Lois Porteiro Garea e Xoán Vicente Viqueira representan o ensaio político onde fan propaganda do galeguismo.

As institucións nacionalistas agrupadas nas Irmandades tamén se preocuparon por crear canles de expresión adecuadas para iniciar o proceso de modernización da narrativa galega: a revista Nós, a colección editorial Céltiga, Editorial Lar…

B. O Grupo Nós

Grupo promotor (Cenáculo Ourensán): Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Castelao en estreita relación.

C. A achega dos “Novos” relacionados coas vangardas

Rafael Dieste.

1. A Revista Nós

Esta revista é...

Seguir lendo "A Prosa do Primeiro Terzo do XX: Irmandades e Grupo Nós" »

Poesía de vangarda galega: Autores e obras

Outras linguas estranxeiras2,67 KB

A poesía de vangarda: Autores e obras

Características da vangarda

A vangarda é un movemento artístico innovador que se inicia en Europa no século XX, delimitado polas dúas guerras mundiais. O foco de irradiación é París, a Atenas do século XX.

As vangardas mundiais caracterízanse por:

  • Actitude antirromántica e antisentimental.
  • Percepción intelectual da realidade deshumanizada.
  • Renovación absoluta do material poético.
  • Innovación da linguaxe figurada.
  • Liberdade absoluta no acto de creación.

As vangardas galegas

A poesía de vangarda galega presenta características moi peculiares. O vangardismo galego amósase como fenómeno individualizado, pero non independente do contorno europeo. Destaca o creacionismo, fundado por Vicente Huidobro....

Seguir lendo "Poesía de vangarda galega: Autores e obras" »

A Prosa das Irmandades da Fala: Novela Curta e A Nosa Terra

Outras linguas estranxeiras3,96 KB

Creación e Obxectivos das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala (IF), fundadas en 1916 por iniciativa do xornalista Antón Vilar Ponte, foron cruciais para o desenvolvemento cultural galego. Entre as súas creacións máis destacadas atopamos:

  • A Nosa Terra: Publicación periódica en galego (1916-1936), órgano de expresión das Irmandades da Fala.
    • O seu director foi Antón Villar Ponte, e entre as personalidades relacionadas con A Nosa Terra (ANT) figuran Antón Vilar Ponte, Risco, Cabanillas, Castelao, entre outros.
    • Trataba temas políticos, de pensamento, cultura e educación, dirixíndose principalmente á pequena burguesía (profesións liberais e comercio).
    • Os seus obxectivos incluían combater o atraso económico de Galicia, estender
...
Seguir lendo "A Prosa das Irmandades da Fala: Novela Curta e A Nosa Terra" »

Rosalía de Castro: 'Cantares' e 'Follas Novas'

Outras linguas estranxeiras3,34 KB

Análise de Cantares Gallegos

Cantares Gallegos é un libro publicado na primavera de 1863, dedicado a Manuel Murguía e datado o 17 de maio, aniversario do literato. Foi impreso en Vigo por Juan Compañel. Contén 32 poemas na primeira edición, 36 na segunda (coordinada por Rosalía) e 38 na terceira (coordinada por Manuel Murguía).

No prólogo, exponse o obxectivo do libro: un intento de defensa ante o ataque secular a Galicia. Ten unha motivación patriótica e de exaltación da beleza do país, dos galegos e da propia paisaxe.

O poemario triunfará pola súa calidade literaria, a súa gran musicalidade e ritmo. Posúe tamén un forte sentimento galego que conmoverá á xente. Rosalía creará escola e vinculará o seu nome a Galicia.

O libro...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: 'Cantares' e 'Follas Novas'" »

Nova Narrativa Galega: Autores e Obras

Outras linguas estranxeiras2,57 KB

A Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega comprende un conxunto de obras que inauguran unha nova forma de narrar. Este movemento literario iníciase coa obra Nasce unha árbore en 1954 e remata en 1972 con Adiós, María.

Características da Nova Narrativa Galega

  • Fuxida da localización concreta dos espazos, con preferencia polos ambientes urbanos e pechados. Fusión da realidade e a fantasía.
  • Redución temporal: anúlase o sentido durativo e redúcese ao máximo o tempo. Rexeitamento da cronoloxía lineal e introdución da cronoloxía vital.
  • Contestación da idea de argumento e negación da acción. Esíxese un lector competente e activo.
  • Pluralidade de voces narrativas e abundante emprego do monólogo interior. Revisión e destrución da
...
Seguir lendo "Nova Narrativa Galega: Autores e Obras" »

Vangardas Galegas: Movementos, Poetas e Contexto Histórico

Outras linguas estranxeiras3,86 KB

A Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras Representativas

A vangarda foi un movemento artístico que supuxo unha ruptura radical coa maneira tradicional de concibir a arte.

Definición e Contexto

  • Cronoloxía: Anos 20/30 (período de entreguerras).
  • Causas:
    • Conflitos políticos (Revolución Rusa, totalitarismos).
    • Conflitos económicos (Crack do 29, crise capitalista).
    • Cambios no pensamento (psicanálise de Freud, Einstein reformula a física de Newton).

Características e Divulgación

As características principais da vangarda inclúen:

  • Afán provocador
  • Liberdade absoluta
  • Carácter experimental
  • Busca da orixinalidade
  • Rapidez
  • Crítica á burguesía

A súa divulgación realizouse a través de ismos e manifestos.

Principais Ismos da Vangarda

  • Cubismo:
...
Seguir lendo "Vangardas Galegas: Movementos, Poetas e Contexto Histórico" »

Poesía das Irmandades da Fala: Características, Obras e Autores

Outras linguas estranxeiras3,34 KB

Poesía das Irmandades da Fala: Características, Obras e Autores

Cronoloxía: período intersecular (fins do século XIX, comezos do XX)

Influenciada polos autores e as temáticas do Rexurdimento (Rosalía - intimismo/costumismo-, Curros -poesía cívica- e Pondal -celtismo-)

Identificación reducionista (galego=poesía=temática)

Neste contexto xorden as Irmandades (ademais de seren a vertente política vinculada coa aparición do nacionalismo galego, as Irmandades protagonizan unha reivindicación da lingua e da cultura moi destacada: editan revistas como A Nosa Terra, traducen obras europeas, espallan a lingua a novos xéneros: teatral, ensaístico ou novelístico...)

No xénero poético: atribúenlle á poesía o elemento da identidade nacional...

Seguir lendo "Poesía das Irmandades da Fala: Características, Obras e Autores" »

Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Temas

Outras linguas estranxeiras3,19 KB

Cantiga de Amor

Contido

O suxeito lírico é un cabaleiro que se presenta como vasalo da súa amada. O seu amor non é correspondido e a coita é unha constante neste tipo de poesía. A dama aparece idealizada. A dama manifesta diferentes actitudes respecto do poeta, que poden ir desde a indiferenza, pasando polo desdén, ata mostrar unha actitude vingativa. A consecuencia do comportamento da dama é a coita do namorado, que dá lugar a distintos tópicos que van desde o desacougo e a desorientación ou a perda do sono, pasando polo toloear, ata chegar á morte por amor. Nalgunhas cantigas aparecen os mescradores, que serían os rivais ou difamadores.

Forma (Recursos Retóricos)

  • Dobre: repetición dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares
...
Seguir lendo "Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Temas" »

Prosa galega do primeiro terzo do século XX

Outras linguas estranxeiras2,94 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX

Coas Irmandades da Fala (1916) establécense os alicerces da modernización da prosa, que culminará na época do Grupo Nós. A través das editoriais Celtiga e Lar consolídase un novo modelo de novela curta de ambiente urbano e temas máis variados. Sobresae Xosé Lesta Meis. Para continuar, na época das Irmandades prodúcese o desenvolvemento da prensa co periódico A Nosa Terra, que se converterá no privilexiado medio de difusión da ideoloxía galeguista.
Entre os ensaístas máis relevantes aparecen:
  • Xoán Vicente Viqueira, autor de numerosos artigos aparecidos, sobre todo, no semanario A Nosa Terra.
  • Ramón Villar Ponte, un dos máis brillantes ensaístas, como o demostra en Doutrina Nacionalista,
...
Seguir lendo "Prosa galega do primeiro terzo do século XX" »