Galicia Contemporánea (1975-Actualidade): Transición e Normalización Lingüística
A Galicia Contemporánea (De 1975 á Actualidade)
Os Cambios dende 1975
Coa morte do ditador Francisco Franco, en 1975 ábrese no Estado un novo período histórico (a Transición democrática), durante o cal se aproba a Constitución española de 1978. As consecuencias foron:
- A liberdade de centos de presos políticos da ditadura.
- A legalización de partidos políticos e sindicatos.
- O regreso da maior parte dos exiliados.
- A convocatoria de eleccións para a escolla dos representantes.
- A descentralización das institucións do Estado e o xurdimento das administracións autonómicas.
Tamén se produciu a destrución do mundo rural e o crecemento das cidades. Os costumes sociais experimentaron grandes cambios: a incorporación das mulleres nos ámbitos...