Biografía e análise literaria de Castelao

Lingua e literatura2,88 KB

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950

Naceu nunha familia mariñeira enriquecida na emigración. O seu pai tiña un negocio chamado pulpería (porque tiña de todo) situado na Pampa arxentina, onde viviu Castelao entre os dez e os catorce anos, un período que deixou unha fonda pegada nel.

Estudou a carreira de Medicina en Santiago e empezou a ser coñecido polas súas caricaturas. De volta en Rianxo, exerceu a medicina pouco tempo. Pasou a traballar no Instituto Xeográfico en Pontevedra e tamén exerceu de profesor de debuxo no instituto.

En 1916 incorporouse ás Irmandades da Fala e comezou así o seu compromiso co galeguismo. Militou no Partido Galeguista e, na Segunda República, foi elixido deputado por Pontevedra. Nas Cortes Constituíntes fixo unha apaixonada defensa da lingua.

En 1934 foi desterrado a Badaxoz. Seguiu na vida política e comprometeuse a conseguir o Estatuto de Autonomía para Galiza, conseguíndoo ao inicio da Guerra Civil estando en Madrid. Marchou exiliado e fixou a súa residencia en Bos Aires, onde fundou a revista Galeuzca con outros exiliados. En 1946 foi nomeado ministro do Goberno da República.

Foi soterrado no Panteón do Centro Galego de Bos Aires e, en 1984, foi trasladado ao Panteón de Galegos Ilustres de Santiago.

As súas obras

As cousas

Combina imaxe e relato, son indivisibles. Son 44 textos que sempre van acompañados de debuxos. A temática é variada: expresan humor, lirismo, casamento, emigración...

A novela curta e o conto

  • Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete): Crítica anticaciquil e humorística que trata sobre un esquelete que fai semblanzas de diversos defuntos soterrados nun cemiterio da cidade.
  • Retrincos (1934): É unha colección de 5 contos autobiográficos que recolle momentos da súa vida:
    • "O segredo" / "O inglés": pertencen á infancia.
    • "Peito de lobo": época de estudante en Santiago.
    • "O retrato": cando abandonou a medicina.
    • "Sabela": cando era deputado nas Cortes.

A novela longa

"Os dous de sempre": consta de 44 capítulos nos que Pedriño e Rañolas son amigos dende a infancia e representan dúas personalidades opostas:

  • Rañolas: loitador inconformista.
  • Pedriño: pasividade acomodaticia.

O ensaio e a oratoria

O seu pensamento político quedou escrito no libro Sempre en Galiza, considerado como a "biblia" do galeguismo; recolle composicións feitas con fins políticos.

Oratoria:

  • Discursos como deputado.
  • Alba de Gloria.

O teatro

Os vellos non deben namorarse (1941): o vello namórase dunha rapaza nova e esta morre.

Descargar

PDF Word HTML