A Lírica Trovadoresca Galego-Portuguesa: Cantigas de Amigo, Amor e Escarnio

Lingua e literatura2,38 KB

A Literatura na Idade Media (II)

A Cantiga de Amigo

Un finxido emisor feminino crea un texto de carácter amoroso. A presenza da palabra amigo permítenos diferenciar este tipo de textos. A amiga é interrogada por outra persoa e contesta nas dúas últimas estrofas.

Unha das características básicas desta cantiga é a repetición; non ocorre nada contido na primeira estrofa. Isto outórgalle un certo estatismo, pero tamén facilita o proceso de memorización. Hai tres procedementos nas cantigas de amigo:

  • Paralelismo: Os versos da segunda estrofa son apenas unha variante dos da primeira.
  • Leixaprén: O segundo verso da primeira estrofa é o primeiro verso da terceira; o segundo verso da segunda estrofa será o primeiro verso da cuarta e así sucesivamente.
  • Refrán: É a repetición do mesmo verso ao final de cada estrofa.

A Cantiga de Amor

Na cantiga de amor é un home quen manifesta o seu amor incontido pola súa amada. Este xénero básease na tradición literaria provenzal, onde xa existía unha sólida base creativa, a canso provenzal.

Na cantiga de amor atopamos un amor non correspondido; a senhor non atende as peticións do amado (coita de amor).

As Cantigas de Escarnio e Maldizer

Teñen tamén a súa orixe nos sirventés. Trátase de cantigas burlescas de temática variada. Temos desde a sátira política, que reflicte, por exemplo, a cobardía de certos nobres, sátira literaria, entre trovadores ou xograres, e sátiras persoais ou de costumes.

Malia a dureza dalgunhas delas, en realidade, son un xogo literario no que non existe unha conciencia real de odio ou xenreira, e a provocación do riso no espectador é a fin desexada.

As Cantigas de Santa María

Fóra xa da lírica profana, debemos considerar un conxunto de textos de carácter relixioso: as cantigas de santa maría. Son 427 cantigas en honra á Virxe, en situacións desesperadas, e cantigas líricas. O principal tema é a louvanza da Virxe e a exaltación das súas virtudes.

No referente aos milagres recollidos, proceden de diversas fontes: libros marianos latinos, até mesmo acontecementos persoais de carácter autobiográfico.

Descargar

PDF Word HTML