Manuel Curros Enríquez: Vida, Obra e a Prosa Galega
Manuel Curros Enríquez: Vida e Traxectoria
Con 15 anos trasládase a Madrid; alí traballa como xornalista, comeza a escribir en castelán e en galego e estuda Dereito. En 1877 dase a coñecer como poeta ao gañar con tres poemas. Consegue a praza de funcionario e colabora na prensa, mentres vai escribindo Aires da miña terra, que se publica en 1880. O bispo ourensán denúnciao polos seus poemas, é condenado a máis de dous anos de cárcere e é excomungado. En 1894, Curros emigra a Cuba, onde se sitúa a favor da independencia e traballa na prensa ata a súa morte.
Obra: Aires da miña terra
Aires da miña terra consta de 21 poemas:
- Poesía cívica: Reflicten as súas ideas progresistas. Denunciaba a situación de Galicia e a actitude pasiva dos galegos que non loitaban por ela. A faceta de progresismo que máis escandalizaba era o anticlericalismo.
- Poesía costumista: Reflicte unha estética romántica e costumista do seu tempo, que aparece xeralmente mesturada coa intención reivindicativa.
- Poesía lírica: Acorde coa súa concepción da poesía, na que expresa a súa situación anímica. Transmite acontecementos familiares, como o nacemento dun fillo ou a morte da nai.
O divino Sainete
Publicado en 1888, O divino Sainete é un longo poema narrativo de temática satírica e social. Relata unha imaxinaria peregrinación a Roma para asistir ao Xubileo do papa León XIII. A partir desta obra realiza unha forte sátira anticlerical, social e literaria.
Os castelanismos na lingua
Cando dúas linguas están en contacto ao longo do tempo, prodúcense entre elas interferencias mutuas. Así sucede coas dúas linguas faladas en Galicia: o galego presenta castelanismos e o castelán incorpora galeguismos.
- Castelanismos fonéticos
- Castelanismos ortográficos
- Castelanismos morfosintácticos
- Castelanismos léxicos
- Castelanismos semánticos
A Narrativa Galega do Século XIX
A novela
A narrativa é o xénero que a partir do século XIX máis empeza a crecer, e ata os anos 80 non se manifestará o interese por crear prosa galega. Os principais novelistas son Marcial Valladares e Antonio López Ferreiro.
O conto literario
A temática predominante nestes textos é de carácter ruralista, costumista e sentimental, con descricións paisaxísticas e elementos humorísticos e picarescos. Neste xénero destacan Carvajal, Heraclio Pérez Placer e Francisco Álvarez de Novoa.