Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Cantigas de escarnio e maldicir

Lingua e literatura3,01 KB

Cantiga Escarnio e maldicir:  Poemas nos que o poeta fai unha critica da sociedade do seu tempo, a través da ironía, hiperbole, burla ou sarcasmo. De Escarnio: Critican de xeito encuberto, con dobres sentidos, xogos de palabras, alusions e eufemismos. De maldicir: Criticase directamente con palabras claras. Orixe: Relacionase co sirventés. Influiu sobre unha poesia oral, satirica ou autoctona, antecesora de cantigas populares. Temas:  Satira Politica: Condena a covardia da nobreza cristiá nas guerras contra os musulmans. Falan do conflicto entre Sancho I e o conde de Boloña. Censuran á nobreza e á Igrexa por apoiar o segundo. Sátira Social: Faise burla da penuria sufrida polos infanzóns fachendeandose de ter un estatus social importante
...
Seguir lendo "Cantigas de escarnio e maldicir" »

Celso emilio ferreiro

Lingua e literatura1,31 KB

Celso Emilio Ferreiro bb dunha sólida tradición de poesía cívica, q ten en Cursos Enríquez e Ramón Cabanillas os mellores exemplos. Hai q entendela nun contexto de politización do discurso poético q tenta conxugar a mensaxe comprometida co mantemento do rigor formal. Pensaba q a misión do poeta era reflectir a época q lle tocou vivir e as relacións dos seres humanos coas circunstancias históricas e sociais. No q se refire á lingua, predomina o ton coloquial en consonancia co contido directo e claro. Respecta a métrica, é moi variada e predomina o verso libre. Con frecuencia nn se axusta aos esquemas rítmicos e estróficos tradicionais.

A Nova Narrativa Galega (NNG): Historia e Autores

Lingua e literatura3,73 KB

A Nova Narrativa Galega (1954-1969)

Os autores da Nova Narrativa Galega (NNG) publicaron entre 1954 e 1969. As súas obras marcan unha ruptura e innovación na narrativa en galego, influenciadas por varios factores sociolóxicos e socioliterarios:

Factores sociolóxicos

  • Os autores eran novos, de clase media-baixa e con formación universitaria.
  • Viaxaron fóra do Estado español, onde aprenderon estilos literarios de países como Francia e Inglaterra.

Factores socioliterarios

  • A maioría estréase na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e colabora no suplemento literario La Noche.
  • Gañaron popularidade ao coincidir nos certames das Festas Minervais de 1953.
  • Referentes: Autores de Europa occidental e Norteamérica (James Joyce, Kafka, William Faulkner,
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega (NNG): Historia e Autores" »

Evolución da Poesía e Narrativa Galega: Xeracións 80, 90 e Século XXI

Lingua e literatura2,57 KB

Cambio de rumbo na poesía: Xeración dos 80

En 1975 comezouse a producir un cambio de rumbo estético. Trazos fundamentais:

  • Distanciamento entre o poeta e a sociedade.
  • Síntese entre modernidade e tradición.
  • Gusto pola experimentación e a interdisciplinariedade.
  • Integración de elementos da contracultura urbana e marxinal.
  • Temática intimista e erotismo.
  • Preocupación polos valores lingüísticos, rítmicos e formais.

A Xeración dos 90

Combínanse varios fenómenos que modifican o cadro de relativo declive:

  • Eclosión dunha multitude de escritores novos que amosan actitude activa e dinamizadora desde a pluralidade estética.
  • Proliferación de novos grupos poéticos que promoven unha reaproximación da poesía ao público.
  • Xurdimento de novas canles
...
Seguir lendo "Evolución da Poesía e Narrativa Galega: Xeracións 80, 90 e Século XXI" »

Séculos Escuros da Literatura Galega: Decadencia e Resistencia

Lingua e literatura2,74 KB

Os Séculos Escuros da Literatura Galega (S. XVI-XVIII)

Os séculos escuros son a etapa de decadencia que viviu a literatura galega durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Neste período, o idioma galego quedou reducido case exclusivamente á lingua oral, e perdeu boa parte dos usos escritos.

1. Contexto Histórico

A finais do século XV, a loita pola coroa de Castela entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica dividiu a nobreza en dous bandos (laico e eclesiástico).

Nos séculos XVI e XVII a situación anterior mantívose e reforzouse no século XVIII coa dinastía dos Borbóns. Chegou a producirse a imposición do castelán en todos os eidos da vida oficial.

2. Contexto Cultural

Durante este período, desenvolveronse 3 grandes movementos artísticos:...

Seguir lendo "Séculos Escuros da Literatura Galega: Decadencia e Resistencia" »

A Literatura Galega de Posguerra: Historia e Evolución

Lingua e literatura4,11 KB

1. O inicio da literatura galega de posguerra

O golpe de Estado do xeneral Francisco Franco e a consecuente Guerra Civil española (1936-1939) truncaron toda a produción literaria.

2. A parálise da lingua galega

A literatura en galego quedou practicamente paralizada pola prohibición do seu uso en ámbitos públicos, a censura e o exilio dos autores.

3. A importancia de Cómaros verdes (1947)

Foi a primeira obra publicada durante o franquismo e marcou o punto de partida da literatura galega tras o longo paréntese da Guerra Civil.

4. O papel das revistas literarias

Publicacións como Mensajes de poesía, Xistral ou Alba foron canles paralelas de produción en galego mentres non se crearon editoriais fortes.

5. O suplemento cultural de La Noche

Foi...

Seguir lendo "A Literatura Galega de Posguerra: Historia e Evolución" »

Conceptos Clave da Sociolingüística Galega: Diglosia, Normalización e Dialectos

Lingua e literatura4,03 KB

Conceptos Fundamentais da Sociolingüística Galega

Definicións Clave

  • Prexuízo lingüístico: Actitude negativa cara a unha lingua asociándoa a: non serve para nada, é de brutos, incultos, etc.
  • Competencia lingüística: Capacidade que unha persoa ten para desenvolverse nunha lingua concreta (entender, falar, ler e escribir).
  • Bilingüismo: Capacidade de falar dúas linguas, sen darlle a ningunha delas un uso desigual nin maior importancia.
  • Diglosia: Uso desigual de dúas linguas: unha lingua úsase para contextos formais (hexemónica) e a outra para usos informais (minorizada).
  • Castelanismos: Trazos lingüísticos do castelán na nosa lingua. Poden ser fonéticos, morfosintácticos, ortográficos ou semánticos.
  • Normalización lingüística: Proceso
...
Seguir lendo "Conceptos Clave da Sociolingüística Galega: Diglosia, Normalización e Dialectos" »

A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias

Lingua e literatura2,8 KB

A ruptura co socialrealismo

Con Con pólvora e magnolias iníciase a ruptura co socialrealismo. A pegada de Méndez Ferrín, xunto coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, terán unha influencia determinante na obra dos autores que se dan a coñecer nas últimas décadas. Asistimos a unha época caracterizada tanto pola diversidade temática como pola numerosa aparición de voces e tendencias.

A poesía nos anos 80

Os cambios sociopolíticos do fin da ditadura teñen influencia no plano creativo. Consólidase a renovación poética a través de voces que rexeitan o socialrealismo dominante en décadas anteriores. Moitos deles participan en revistas de expresión poética, conforman grupos poéticos, danse a coñecer a través de certames...

Seguir lendo "A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias" »

A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo

Lingua e literatura2,38 KB

Lingua e sociedade: O galego na actualidade

1. A situación actual do galego

A chegada da democracia supuxo o recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e da súa cooficialidade co castelán. Tamén se recoñeceu o dereito dos galegofalantes a empregaren o seu idioma e mais a obriga dos poderes públicos de usalo e promovelo. Foron a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística os textos legais que trouxeron consigo tal mudanza.

2. Ámbitos e contextos de uso

A lingua galega fíxose presente na vida política, na escola, nos medios de comunicación e na administración. Por outra banda, apareceron a televisión e a radio galegas. En todo caso, é nos sectores comerciais, económicos ou empresariais...

Seguir lendo "A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo" »

O Grupo Nós: Historia, Ideoloxía e Obras Principais

Lingua e literatura2,92 KB

1. Quen formaba o Grupo Nós?

O grupo estaba integrado por: Florentino López Cuevillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez e Castelao.

2. Evolución ideolóxica do Grupo Nós

Pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima, a descubrir Galicia, facéndose galeguistas e europeístas.

3. Etapas na traxectoria e ideoloxía de Vicente Risco

  • 1ª etapa: Coincide coa dirección da revista teosófica.
  • 2ª etapa: Marcada polo descubrimento de Galicia e a súa entrada no galeguismo (1918).
  • 3ª etapa: Coa guerra abandona o nacionalismo e o uso literario da lingua, aínda que non abandonaría o que foi importante nese descubrimento persoal de 1918.

4. Obras de Vicente Risco

  • Novelas curtas: A historia do doutor
...
Seguir lendo "O Grupo Nós: Historia, Ideoloxía e Obras Principais" »