Dúbidas Léxicas e Relatos sobre a Lingua Galega

Lingua e literatura3,28 KB

Dúbidas Léxicas Comúns en Galego

A continuación, aclaramos algunhas das dúbidas léxicas máis frecuentes no uso da lingua galega, con definicións precisas para cada termo.

Vila:
Entidade de poboación máis pequena que a cidade.
Pobo:
Conxunto de persoas que viven nun lugar determinado e teñen en común a lingua, tradicións, etc.
Desenvolver:
Quitarlle o envoltorio a algo, ou expoñer/suceder.
Desenrolar:
Estirar algo que está enrolado.
Sono:
Estado de quen dorme ou necesidade de dormir.
Soño:
Aquilo que se imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose verdade.
Invertir:
Darlle volta a unha cousa.
Investir:
Empregar capitais en negocios.
Á parte:
Separadamente. Na locución á parte de significa ademais de.
Aparte:
Substantivo que indica o que se di ou se fai á parte, especialmente na representación teatral.
Estremo:
Límite dunha propiedade.
Extremo:
Parte que inicia ou acaba unha cousa.
Enderezo:
Lugar de residencia dunha persoa.
Dirección:
Camiño ou liña que describe un corpo en movemento.
Crédito:
Cantidade de diñeiro que unha persoa ou entidade lle presta a outra con condición de devolución.
Creto:
Confianza da que goza unha persoa polas súas boas cualidades.

Resumo de Relatos: A Lingua Galega en Foco

Este libro presenta un conxunto de relatos que, aínda que tratan de cousas distintas, teñen algo en común: todos eles están relacionados coa situación lingüística do galego hoxe en día. A continuación, destacamos algúns dos relatos máis significativos:

Falar

Relato no que Clara é unha nena dun ano que aínda non sabe falar, pero dentro de pouco terá que ir empezando. Porén, non dá falado. Este relato fai unha alusión aos chamados Séculos Escuros da lingua galega.

Unha palabra común

Unha palabra común vivía tranquila ata que a visitou un castelanismo. A palabra común pechoulle rapidamente a porta e non saíu da casa en toda a mañá coa intención de facela desaparecer. Pero logo armouse de valor e saíu cara ao seu traballo. Desde ese día loitou duramente por seguir viva, xa que sentíase unha palabra útil e imprescindible. Este relato reflicte a influencia dos castelanismos na lingua galega. Cada día hai máis, e moitas veces estas palabras do castelán terminan por substituír por completo as palabras galegas, facendo así que desaparezan.

Nin en soños vou perder a miña lingua

Unha nena de 5 anos escoitou un día, indo no autobús, a unha muller que dicía que o problema máis grande é que os nenos están perdendo a lingua. A nena, moi preocupada, mirábase seguido a lingua porque dicía que nin en soños quería perder a súa lingua. Neste relato trátase o tema de que cada vez hai menos nenos que falan o galego.

Descargar

PDF Word HTML