A Prosa Galega do Rexurdimento ao Realismo Social

Lingua e literatura2,88 KB

A Prosa Galega: Do Rexurdimento ao Realismo Social

A prosa 36/76 (fole, branco) T6/ como consecuencia da Guerra Civil, a literatura galega deixa de existir como manifestación pública durante máis dunha década. Escríbense no exilio a maioría das novelas que relatan vivencias persoais da guerra e a represión, que serán publicadas xa na democracia. No 1947 comeza a recuperación co primeiro libro de poesía da editorial Galaxia. Conviven xeracións diferentes que comezan a publicar poesía e despois prosa. Nesta época atopamos unha liña de continuación da prosa da Xeración Nós, o realismo fantástico representado por Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe, grecolatina ou nórdica; o realismo popular, representado por Anxel Fole; o realismo social, representado por Blanco Amor; e o realismo rural por Xosé Neira Vilas. Ao mesmo tempo, nace a nova narrativa galega da man de autores máis novos como Ferrín, Morulo ou Casares.

Autores Importantes da Prosa Galega

  • Álvaro Cunqueiro: Poeta antes da guerra, mestura o realismo e a fantasía, predominio da oralidade no estilo, tendencia á desintegración da novela. As súas obras máis representativas son Merlín e familia.
  • Anxel Fole: A súa obra está formada exclusivamente por libros de contos ambientados nas montañas de Lugo, onde se trasladou despois da guerra. Segue a tendencia de contos tradicionais.
  • Eduardo Blanco Amor: Toda a narrativa desenvólvese en Ourense. Debemos destacar as súas dúas obras máis importantes: A esmorga, que participa na renovación da narrativa galega, tanto na temática como na forma, e Xente ao lonxe, que é, en certa medida, a antítese da esmorga.
  • Xosé Neira Vilas: Incorpora algunha técnica innovadora, pero moi afastado dos autores da NNG, e podemos clasificar a súa obra en torno a dous focos: Galicia interior, que plasma a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica e cultural, onde os personaxes semellan incapaces de escapar dese mundo; e Galicia emigrante, que mostra os problemas xerados a causa da emigración forzosa, a morriña á terra, as dificultades da adaptación ao mundo urbano...

O Ensaio e a Editorial Galaxia

O ensaio retómase coa fundación da Editorial Galaxia, que comeza a recuperar a expresión literaria en galego, intentando restaurar a conciencia galeguista e a da nosa cultura. Búscase recuperar a unión coa tradición cultural de preguerra e incorporar as novas xeracións ao labor galeguista. Ramón Piñeiro, Celstino Fernández de la Vega e Ricardo Carballo foron os autores máis destacados do ensaio desta época, sendo este último o principal teorizador da corrente reintegracionista no debate normativo do galego.

Descargar

PDF Word HTML