Teatro e Poesía en Galicia: Séculos XX e XXI

Lingua e literatura3,65 KB

Teatro do Primeiro Terzo do Século XX

Problemas e Evolución

  • OO-36: Problemas como a falta de profesionalización, a ausencia dun público específico e desaxustes cronolóxicos.
  • 03-05: Escola Nacional de Declamación, con dúas etapas:
    1. Dúo Salinas-Sánchez Miño.
    2. Bermúdez Jambrina.
    Os coros, pequenas compañías de teatro, representaban pequenas pezas musicais. Destacan Prado Lameiro e San Luís Romero.
  • 19: As Irmandades da Fala intentan modernizar o teatro co Conservatorio Nacional de Arte Galega. Obras salientables son A man de Santiña e O mariscal, de Cabanillas. Donostiña xera polémica porque unha muller bica o seu amante, o que provoca a desaparición do Conservatorio. Algúns membros continúan e forman o Cadro de Declamación da Igualdade.
  • 22-23: Escola Dramática Galega, que representa obras de Leonardo Alvarellos. A ditadura de Primo de Rivera paraliza a actividade ata a súa fin en 1933.
  • 33: Villar Ponte escribe Festa da malla e Os evanxeos da risa absoluta, que non chegan a ser representadas.

O Grupo Nós

  • Vicente Risco: Primeiro en representar unha peza teatral, O bufón D'El-Rei.
  • Otero Pedrayo: O autor con máis pezas do grupo, entre elas A lagarada.
  • Castelao: Os vellos non deben namorarse.
  • Rafael Dieste: A fiestra valdeira.

Poesía entre 1936 e 1975

Contexto e Xeracións

A represión da guerra civil dificulta a produción literaria na década de 1940. As liñas temáticas e estéticas predominantes son o neovirxilianismo, o intimismo pesimista e o socialrealismo. Pódense distinguir tres xeracións:

Xeración do 36

Traxectorias marcadas pola Guerra Civil, con influencia das vangardas e do Grupo Nós.

  • Aquilino Iglesias Alvariño: Neovirxilianismo, Cómaros verdes.
  • Celso Emilio Ferreiro: Tres eixes principais:
    1. Intimista, lembranza do pasado feliz, O soño sulagado.
    2. Socialrealista, imitando a Cabanillas e Curros, Longa noite de pedra.
    3. Satírico, crítica aos venezolanos ricos, Cantigas de escarnio e maldicir.
    Longa noite de pedra (61 poemas) ten dúas liñas: a crítica social de denuncia e a costumista, que lembra a infancia e a terra natal con elementos relacionados coa liberdade e a opresión. Esta obra convértese en símbolo da sociedade española na ditadura.

Xeración de Enlace

Formación nos primeiros anos da posguerra, con influencias da Xeración do 27 e do neotrobadorismo.

  • Antón Tovar: Poesía repleta de dúbidas, Arredores.
  • Luz Pozo Garza: Influencia de Vicente Aleixandre e Rosalía de Castro.

Xeración das Festas Minervais

Dúas liñas principais:

  • A Escola de Tebra: Trata a morte e o conflito entre o poeta e o mundo dende unha perspectiva intimista.
  • Socialrealismo: Continúa a temática de Curros e Celso Emilio, tratando a opresión. Escribían suplementos na revista La Noche.

Destacan a colección de poesía Brais Pinto e o Grupo Padrán. O nacionalismo revolucionario úsase para mesturar marxismo e nacionalismo, dando lugar á creación da UPG. Ferrín dá os seus primeiros pasos na Escola de Tebra, cultivando o intimismo pesimista.

Descargar

PDF Word HTML