Séculos Escuros: Decadencia e Castelanización do Galego
Os Séculos Escuros da Lingua Galega
Despois do esplendor medieval e tras a separación de Portugal, a lingua galega viviu durante tres séculos unha etapa de depresión e forte marxinación social. Mentres o portugués, o castelán e outras linguas románicas normalizaban os seus usos fronte ao latín, elaborando as primeiras gramáticas, dicionarios, manuais ortográficos e desenvolvendo ricas e variadas literaturas, acadando o uso de idiomas nacionais nos seus respectivos territorios, o galego quedou relegado aos usos orais e familiares, sen participar na escrita nin na vida pública e social.
Esta situación veu dada porque, a partir da segunda metade do século XIV, as guerras de sucesión (primeiro entre Pedro I e o seu irmán Henrique...