Narrativa da Nova Xeración Galega: Características e Principais Autorxs
É un movemento renovador da narrativa que engloba un conxunto de obras publicadas entre mediados da década dos 50 ata os anos 70. ➔ Xs autorxs da NNG van recibir influencias da literatura europea do momento, especialmente da corrente francesa do Noveau Roman.
Características
Narrador: primeira persoa, pluralidade de voces narrativas e abundante emprego da técnica do monólogo interior. Espazo: fuxida da localización concreta dos espazos, aínda que domina o espazo urbano sobre o rural. Tempo: desaparece a linealidade temporal (analepses e prolepses), o tempo pasa a ser subxectivo e redúcese ao máximo. Personaxes antiheroicas e problemáticas (loucura, paranoia, esquizofrenia...) e con personalidades desequilibradas ou traumatizadas. Presenza reiterada da violencia, a agresividade, a tensión e a angustia. Existencia dun/unha lector/a competente e activo/a, o que explica o seu escaso éxito comercial.
Principais Autorxs
- Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce un árbore (1954) e Memorias de Tains (1956).
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961)...
- Ohán Casal: O camiño de abaixo (1970).
- María Xosé Queizán: A orella no buraco (1965).
- Camilo Gonsar: Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1962).
- Ohana Torres: Adiós, María (1971).
- Carlos Casares: Vento ferido (1967), Cambio en tres (1969).
Clima de medo e represión instaurados polo franquismo: asasinato de escritores, xornalistas e editores; peche ou control censor de revistas e xornais; baixa consideración do idioma. A finais dos anos 40 comezan a verse mostras de recuperación: -1947: Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. -1949: editoriais Monterrey e Bibliófilos Gallegos. Colección de poesía Benito Soto. -1950: editorial Galaxia.
Contexto Histórico-Cultural
Xeracións Poéticas
Na poesía galega de posguerra atopamos tres xeracións poéticas que comezan a publicar as súas obras ao mesmo tempo, xa que antes non era posible.
- Xeración do 36: formada por escritores que naceron entre 1910 e 1920.
- Promoción de Enlace: formada por autorxs que nacen nos anos 1920.
- Xeración dos 50 ou das Festas Minervais: moitxs participaron e gañaron o certame de poesía da USC que leva ese nome.
Principais Tendencias
- Liñas estéticas continuadoras de preguerra: neotrobadorismo, paisaxismo, costumismo tradicional.
- Poesía intimista.
- Clasicismo e culturalismo.
- Socialrealismo.
Celso no ano 1937 é obrigado polo exército franquista a incorporarse a filas e é enviado á fronte de Asturias, onde coñece a súa futura muller, Moraima, unha presenza constante nas súas obras. Nese mesmo ano acaba encarcerado por realizar publicamente unha crítica ao réxime franquista; inspírase nesa estadía na cadea para compor Longa noite de pedra (1962).
Liña socialrealista: apoia xs oprimidxs, defende o idioma e denuncia os males sociais: fascismo, guerra civil, falta de liberdade, emigración, explotación laboral, imperialismo, racismo… (Longa noite de pedra). Liña satírica: ataca e critica a mesquintade humana. Evoca as cantigas medievais de escarnio (Viaxe ao país dos ananos; Cantigas de escarnio e maldicir; Antipoemas).