Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura
O Galego (1936-1975): Represión, Resistencia e Recuperación
Contexto Histórico e Represión Lingüística
Co triunfo das tropas franquistas, a lingua galega perdeu toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público. A ditadura franquista baseábase ideoloxicamente nun nacionalismo español exacerbado, así que volveu aplicar unha política de asimilación forzada, por medio da escola, da Administración e da Igrexa. Nos primeiros anos da posguerra, o clima de temor ante a represión política facía que escribir en galego resultase arriscado, pois podía ser entendido como unha actividade disgregadora, contraria á unidade nacional española.
Recuperación e Consolidación Literaria
A partir da década dos 40, apareceron indicios de recuperación do galego como lingua literaria, e...
Literatura Galega do Exilio e Actual: Autores e Obras
Literatura Galega do Exilio (1936-1976)
Poesía
- Tras as represións que sofre Galicia, os exiliados de concienciación galeguista comezan a escribir.
- Luís Seoane: cun importante labor editorial e xornalístico, comeza a escribir Na brétema, con voz de conciencia e denuncia.
- Lorenzo Varela: membro do Partido Comunista, autor de Catro poemas para catro gravados e Lonxe, mantén as características da súa produción anterior.
- Eduardo Blanco Amor: autor de Poema en catro tempos. Os críticos salientan a súa riqueza léxica.
- Outros escritores: Emilio Pita (temática civil) e Florencio Delgado Gurriarán (exilio mexicano).
Prosa
- A prosa céntrase na temática da Guerra Civil.
- A narrativa da posguerra baséase, sobre todo, en: crónica realista, autobiografía
Prerrexurdimento, Séculos Escuros e Rosalía de Castro
Prerrexurdimento (1808-1863)
É o período que vai desde o século XIX ata a publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Contexto Histórico e Social
Guerra da Independencia
Contra os franceses. Chegan a Galicia en 1809 e foron expulsados polas guerrillas e a resistencia do pobo.
Movemento Provincialista
En 1846 o comandante Solís promoveu un levantamento militar contra o goberno dos moderados. Fracasou e foron fusilados os que dirixían a revolta (Mártires de Carral).
Sociedade Rural
Os campesiños non eran donos das terras nas que traballaban, senón que as arrendaban. As terras eran dos fidalgos e da Igrexa. Cobrábanlles unha parte do que producían. Medio millón de galegos emigraron.
O Galego na Época
Falábao a maioría da poboación,...
Funcións das oracións e formación do feminino e do plural en galego
Funcións das oracións
- Representativa/referencial (referente, Pepe naceu en Cambados)
- Expresiva (emisor; puahg, buf, ai; que cansa estou, é engaiolante)
- Apelativa/conativa (receptor, mensaxes publicitarias)
- Poética (forma da mensaxe, poesia, en galego vivo vigo)
- Fática (canle; oes, entendiches, atende oh)
- Metalinguística (código, estudos lingüísticos, o seseo é unha característica dialectal propia das áreas + occidentais)
Formación do feminino
- O cal, a mensaxe, o sal, a peaxe, a auga, o anel;
- Palabras acabadas en vogal atona (cambian O por A)
- Palabras rematadas en vogal tónica ou consoante (avo avoa, rapaz rapaza, ladrón ladroa, solteirón solteirona, lacazán lacazana, folgazán folgazana, cristian cristia, crumán curma,...
A Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais
A Promoción de Enlace
Os autores que se reúnen baixo esta denominación non gardan coherencia de grupo; cada quen trata de buscar o seu estilo. Aínda así, é posible atopar neles algúns puntos en común. Naceron entre 1920 e 1930. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illada da cultura europea. Destacan:
- Luz Pozo Garza
- Antón Tovar
- Manuel Cuña Novás
Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1926-1992) é representante da Escola da Tebra. A súa obra Fabulario Novo (1952) reflicte un sentimento de angustia e desesperación ante a vida, utilizando imaxes nas que predomina a sensación de sombras e de escuridade.
Luz Pozo Garza
Nace...
A Narrativa e o Ensaio na Literatura Galega do Século XX
Vicente Risco
Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero a súa obra é fundamentalmente ensaísta.
A máis antiga narración de Risco é a novela curta "Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros" (1919), pouco despois de se incorporar ao galeguismo. A historia en si ten unha rebuscada sinxeleza. Bieito Alveiros, médico de profesión, un tanto misántropo e afeccionado aos saberes ocultos, entra en contacto epistolar cun personaxe un tanto peculiar, o Dr. Dehmel, quen anda á procura dun remedio que permita devolver o movemento á momia do faraón Tutankhamon.
Unha serie de relatos escritos antes de 1926 representan na obra risquiana a etapa afirmativa e optimista do seu galeguismo...
Galego e Portugués: Orixe, Prexuízos e Publicidade
O Galego e o Portugués: Unha Orixe Común
O galego e o portugués son dúas linguas moi similares debido a que teñen unha orixe común. No territorio da antiga Gallaecia romana nace, en torno ao século IX, un novo idioma: o galego-portugués, que contou na Idade Media cunha importante tradición literaria. Portugal convértese en reino independente e Galicia queda supeditada á coroa de Castela. Isto repercute na primitiva unidade lingüística e comeza a separación entre os dous idiomas, o falado ao norte do Miño (galego) e ao sur (portugués).
A Publicidade: Características e Obxectivos
A publicidade é unha forma de comunicación cuxa finalidade é conseguir dos seus destinatarios unha disposición favorable ao consumo de determinados...
Galego no Século XX: Lingua, Cultura e Sociedade
O Galego no Primeiro Terzo do Século XX
A comezos do século XX, houbo unha recuperación do galego como idioma cultural, histórico e literario, pero, á vez, tamén houbo un descenso no nivel do uso oral. O galego non vivía aínda unha situación normalizada e iso provocou un retroceso en medios sociais e xeográficos. A toma de conciencia dos campesiños provocou un salto cualitativo na utilización do galego.
Nacionalismo e as Irmandades da Fala
O nacionalismo estaba tan vinculado ao idioma que as súas primeiras manifestacións constituíron as Irmandades da Fala, creadas para a defensa e normalización do idioma. As Irmandades creáronse en 1916 na Coruña. Para a divulgación do seu ideario, crearon un xornal de expresión galega: A Nosa
...Vangardas e Exilio na Literatura Galega: Autores Clave
As Vangardas e a Renovación Poética Galega
O Tempo das Vangardas Europeas
Aparecen por Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas. Os principais movementos de vangarda son:
- O Futurismo
- O Cubismo
- O Dadaísmo
- O Surrealismo
A Renovación Poética en Galicia
Na renovación poética en Galicia destacan tres movementos principais:
- O Imaxinismo (ou Hilozoísmo): o que mellor representa este movemento é Amado Carballo.
- O Neotrobadorismo: os que mellor o representan son Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.
- O Vangardismo: os que o representan mellor son Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro.
Manuel Antonio: Poeta Vangardista Galego
Dende...