Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Teatro galego: Irmandades da Fala, Grupo Nós e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 3,54 KB

O Teatro Galego e as Irmandades da Fala (IDF)

As IDF impulsaron a creación dun teatro nacional debido ao predominio do español, onde o galego tiña unha presenza secundaria e relegada a aparecer como lingua labrega con intención cómica. O obxectivo era transformar a sociedade e regaleguizala.

Buscábase que personaxes das clases medias e altas, con temática universal, falasen un galego culto, representando personaxes refinadas.

Institucións para a Modernización Teatral

Para a modernización, creouse o Conservatorio Nacional de Arte Galega (CNAG). Cabanillas, por exemplo, fai unha obra de clase alta, nun pazo, onde se fala galego con tema universal (o amor). O seu éxito foi “A man do Santiña”.

Esta modernización chocaba cos que concibían...

Seguir lendo "Teatro galego: Irmandades da Fala, Grupo Nós e autores clave" »

Xeración Nós: Fases, Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Lingua e literatura6,3 KB

Xeración Nós: Fases das Irmandades

As Irmandades da Fala atravesaron varias fases:

  1. Primeira fase: Sentáronse as bases políticas, que se deron a coñecer entre o pobo, con malos resultados e bandos divididos.
  2. Segunda fase: O nacionalismo estaba dividido. A Irmandade de Ferrol defendeuno con risco. Na Irmandade de Monforte creouse a Asemblea Nacional Galega, o que provocou a desaparición de todas as irmandades. A Irmandade da Coruña non entrou e separouse do resto ata a creación do Partido Galeguista.
  3. Terceira fase: Primo de Rivera, coa ditadura, reprimiu os nacionalismos, e a Irmandade da Coruña reconciliouse coa Nacional Galega.
  4. Cuarta fase (República): Fundouse a ORGA, dirixida por Casares Quiroga. A ORGA decidiu resucitar as Irmandades
...
Seguir lendo "Xeración Nós: Fases, Autores e Obras Clave da Literatura Galega" »

Historia do Teatro e da Literatura Galega: Xeracións, Xéneros e Autores

Lingua e literatura4,31 KB

Teatro

O teatro menos cultivado foi, fundamentalmente, burgués. Foi a fonte do xuramento e o inicio do teatro moderno. Pola súa temática, rural, breve e costumista, con diálogos chocarreiros, as Irmandades convertéronse en arma política e diversificouse a oferta: as Irmandades da Coruña, o Conservatorio Nacional de Arte Galega, Cabanillas con A manda santiña (debut do Conservatorio en prosa), O Mariscal, drama histórico en verso de Armando Quintanilla Alén en galego, tratando temas non galegos.

A Xeración Nós

A Xeración Nós participa nas correntes europeas, con primeiros elementos surrealistas e simbolistas. Empezan a falar en galego todas as clases sociais. Vicente Risco, O bufón del-Rei; Otero Pedrayo, A lagarada; e teatro de...

Seguir lendo "Historia do Teatro e da Literatura Galega: Xeracións, Xéneros e Autores" »

Literatura Galega: A Terceira Etapa e o Teatro do Século XX

Lingua e literatura3,28 KB

A Terceira Etapa da Narrativa Galega

3ª etapa: A partir dos 80. Volta á fantasía, ás recreacións míticas. Maior preocupación estilística. Carlos Casares (Ourense 1941 - Vigo 2002). Libro de relatos: Vento ferido (1967) (os relatos «Monólogo» e «O xogo da guerra» figuran en moitos libros de texto). Novela: Cambio en tres (1969). Prosa posterior sinxela, moi traballada.


O Teatro Galego na Posguerra e o Exilio

TEMA 8. O teatro sufriu máis ca outros xéneros a consecuencia da guerra e da posterior ditadura. Pervivencia grazas ao exilio. Castelao: Os vellos non deben de namorarse (Bos Aires). Manuel Varela Buxán, teatro galego na Arxentina. Autor teatral, director, actor. Obras de corte rural-costumista, humorístico. Crítica social....

Seguir lendo "Literatura Galega: A Terceira Etapa e o Teatro do Século XX" »

Lingua Minorizada e Diglosia en Galicia: Situación e Retos

Lingua e literatura3,01 KB

S3. Diglosia e Substitución Lingüística

Convivência de Linguas e Xerarquía Social

Se nunha comunidade hai dúas linguas, créase unha xerarquía social: a lingua dominante vai ocupando os ámbitos da dominada ata provocar a súa substitución.

Á lingua dominada chámaselle lingua minorizada e é empregada só en ámbitos socioculturais baixos e ignorada nos máis elevados, onde se usa a lingua dominante.

Unha lingua minorizada non é igual a unha lingua minoritaria (número de persoas que a empregan). Unha lingua minorizada pode ser a maioría nunha comunidade lingüística, como en Galicia.

Plurilingüismo e Realidade Europea

En Europa a maioría dos Estados son plurilingües, e a coexistencia das diferentes linguas dentro das comunidades...

Seguir lendo "Lingua Minorizada e Diglosia en Galicia: Situación e Retos" »

A Nova Narrativa Galega: Orixes, Autores e Obras clave

Lingua e literatura2,98 KB

A Nova Narrativa Galega (1950-1980)

Nova Narrativa Galega (NNG): Aparición das primeiras obras ata 1980. O proceso de renovación da NNG supón unha profunda modernización ao incorporar innovacións técnicas e temáticas inspiradas nas modernas literaturas europeas e de EE. UU.

Moitos consideran Nace un árbore de Gonzalo Mourullo, publicada en 1954, como a obra fundacional na que atopamos as características da NNG. Discrétase sobre a data de finalización: para algúns é a principios dos 70 e para outros 1980 con Cara Times Square de Camilo Gonsar.

Características principais

  • INTEGRANTES: Sólida formación universitaria e coñecemento doutras culturas e literaturas, das que reciben influencias importantes.
  • LITERATURA: Afán anovador manifestado
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega: Orixes, Autores e Obras clave" »

Historia da poesía galega entre 1936 e 1976

Lingua e literatura2,7 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

Características xerais da poesía (1936-1976)

  • Predominio de contidos paisaxísticos e intimistas.
  • Escisión da nosa literatura coa que se facía en Europa, debido á censura e ao illamento de España co exterior.
  • Aparición da poesía existencialista e relixiosa.
  • Na década dos 60 a poesía supuxo a recuperación da poesía cívica perdida desde Ramón Cabanillas: Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

Autores clave da Xeración do 36

Álvaro Cunqueiro

Publicou Mar de guerra (poemario de corte vangardista e temática mariñeira), Poemarios do si e do non (poemario de influencia surrealista e cun ton lúdico), Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado (no que se distingue unha parte de carácter...

Seguir lendo "Historia da poesía galega entre 1936 e 1976" »

Historia da lingua e literatura galega: do Medievo ao Rexurdimento

Lingua e literatura4,36 KB

Situación diglósica (séculos XV-XVI): Ao usar as clases altas o castelán, houbo unha situación diglósica onde o castelán era a lingua elite e desconocida para o pobo, e o galego era a lingua do pobo e de uso no ámbito familiar.

Consecuencias:

  • Non se elaborou un patrón lingüístico culto que servise de referencia.
  • O galego perdeu tamén especialización léxica.
  • A castelanización de antropónimos e topónimos debido á perda de ámbitos de uso.

O esplendor medieval lírico deu lugar á Escola galego-castelá, que contaba co Cancioneiro de Baena, que se fixo fóra de Galicia e inclúe poemas en galego e en castelán. Principal poeta: Macías o Namorado.

Literatura dos séculos XVI e XVII

A literatura deste período tiña carácter popular...

Seguir lendo "Historia da lingua e literatura galega: do Medievo ao Rexurdimento" »

Ensaio de posguerra

Lingua e literatura2,64 KB

OGrupoNóseasúadecisivainfluencianomundoculturalgalego

ParaaléndopapelfundamentaldarevistaNósáhoradedarnomeaogrupo,ébencertoqueestetermotenunhaamplapresenzanavidaculturalgalegadaqueltempo,poisaparecerepetidamenteutilizadacomotítuloenlibros(ÁlbumNósdeCastelao,1916‐1918),artigos(“Nós,osinadaptados”),suplementosliterarios(doxornalcoruñésElNoroeste)ou,tamén,comonomedaeditorial,dirixidaporÁnxelCasal,enqueapareceronoslibrosfundamentaisdestaépoca.Destemodo,Nósfoiadquirindodemáisamáisunvalorsimbólicoimportante,aorepresentardemodosintéticooespíritodeautoafirmacióncolectivaquecaracterizouolabordosautoresdesta etapa.Isto Foi, ao final,o que Acabou por asentar esta Denominaciónxa non sóparaseraplicadaaogrupocentraldeautoresqueprotagonizanestaliñadeacción,...

Seguir lendo "Ensaio de posguerra" »

Resumen os dous de sempre castelao

Lingua e literatura4,01 KB

TEMA 1: IRMANDADES DA FALA

IRMANDADES DA FALA:

1916(Coru.): 1as I. Da F., espallanse por Gal., paso decisivo-proxeccion do galeguismo. 1918(Lugo): Asamblea N. Galega-manifesto(autonomia integral, cooficialidade gal-cast., desaparicion deputa. Provinciais e modernizacion socioeconomica). Tendencias políticas: 1. Liña liberal-democratica (esencial alianza forzas afins, Luis Peña Novo) 2. Liña neotradicionalista (afastamento da coalición, Vicente Risco). 1922 (IV Asamblea Nacionalista, apoio neotradicionalistas+liberais, Risco leva adiante a suas teses). Tendencias culturais: 1.Rexeitamento-cambios: tradicion rexionalista. 2.Síntese entre tradicion e modernidade (Cabanillas). 3. “Os Novos”, vangarda estética (M. Antonio y A. Cunqueiro)...

Seguir lendo "Resumen os dous de sempre castelao" »