Historia da lingua e literatura galega: do Medievo ao Rexurdimento

Lingua e literatura4,36 KB

Situación diglósica (séculos XV-XVI): Ao usar as clases altas o castelán, houbo unha situación diglósica onde o castelán era a lingua elite e desconocida para o pobo, e o galego era a lingua do pobo e de uso no ámbito familiar.

Consecuencias:

  • Non se elaborou un patrón lingüístico culto que servise de referencia.
  • O galego perdeu tamén especialización léxica.
  • A castelanización de antropónimos e topónimos debido á perda de ámbitos de uso.

O esplendor medieval lírico deu lugar á Escola galego-castelá, que contaba co Cancioneiro de Baena, que se fixo fóra de Galicia e inclúe poemas en galego e en castelán. Principal poeta: Macías o Namorado.

Literatura dos séculos XVI e XVII

A literatura deste período tiña carácter popular e oral. Manifestacións deste período:

  • Varios poemas de circunstancias relacionados con temas sociais, sen autor.
  • A poesía académica (inclúense as composicións derivadas do certame das Festas Minervais e os poemas incluídos en Relación de las exequias de la reina doña Margarita de Austria).
  • Panxoliñas en galego, que se basaban en paralelismos e eran anónimas.

No teatro destaca o entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Gabriel Feijoo.

Século XVIII

Autores destacados: Frei Martiño Sarmiento (Coloquio de 24 gallegos rústicos), Plácido e Anselmo Feijoo, Diego Antonio Cernadas e Castro, e María Francisca de Irles e Losada, coñecida como a musa compostelá.

Os diversos ilustrados que traballaron a prol da lingua galega:

  • O padre Feijoo, autor de teatro, defendeu que o galego procede do latín e non era un dialecto do castelán.
  • Frei Martiño Sarmiento foi a figura máis importante. As súas reflexións defenderon a utilidade do galego no ensino, a necesidade de elaborar un estándar, o combate aos prexuízos contra a lingua galega e o uso do galego nos oficios relixiosos.
  • O padre Sobreira preparou o primeiro dicionario.

Século XIX (Rexurdimento)

A situación política era inestable. A sociedade galega tiña un carácter rural e empobrecido. Os campesiños non eran donos das terras, situación que provocou a emigración masiva a Cuba e Arxentina.

Os elementos castelanizadores foron:

  • A escola pública, que impuxo o castelán como única lingua.
  • O aparello administrativo, que consolidou o uso do castelán nos ámbitos social e administrativo.
  • A prensa.

Iniciouse un movemento de reivindicación da lingua. As tendencias políticas foron:

  • Provincialismo: Galicia dividida en catro provincias.
  • Rexionalismo: Galicia concibida como rexión. Había unha tendencia tradicionalista.
  • Nacionalismo: comezou a creación das Irmandades da Fala, que reivindicaban unha autonomía íntegra para Galicia dentro dun estado federal.

Despois apareceron textos de propaganda antifrancesa de Antonio Benito Fandiño (A Casamenteira) e panxoliñas de Nadal.

O Rexurdimento

O Rexurdimento é o movemento de recuperación da lingua, a literatura e a cultura galegas. Os seus períodos son:

  • Período precursor: ocupa a todos os autores ata a publicación de Cantares Gallegos.
  • Rexurdimento pleno: coincide cos escritores Rosalía de Castro, Curros Enríquez e outros.

Obxectivos do Rexurdimento:

  • Cambiar a consideración negativa do galego.
  • Estudar a lingua para obter un modelo de galego culto.
  • Recuperar o pasado histórico.
  • Reivindicar a singularidade de Galicia.

Os historiadores foron moi importantes, como Manuel Murguía, autor da Historia de Galicia. O primeiro intento dunha gramática foi o de Francisco Mirás, mentres que a primeira gramática científica foi a de Xoán Antonio Saco.

Os precursores son os autores que participaron no provincialismo e usaron o galego antes de Cantares Gallegos: Xoán Manuel Pintos (A gaita gallega), Francisco Añón (himno patriótico A Galicia) e Marcial Valladares (Maxina ou a filla espúrea e Diccionario gallego-castellano).

Descargar

PDF Word HTML