Historia da poesía galega entre 1936 e 1976
A poesía galega entre 1936 e 1976
Características xerais da poesía (1936-1976)
- Predominio de contidos paisaxísticos e intimistas.
- Escisión da nosa literatura coa que se facía en Europa, debido á censura e ao illamento de España co exterior.
- Aparición da poesía existencialista e relixiosa.
- Na década dos 60 a poesía supuxo a recuperación da poesía cívica perdida desde Ramón Cabanillas: Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.
Autores clave da Xeración do 36
Álvaro Cunqueiro
Publicou Mar de guerra (poemario de corte vangardista e temática mariñeira), Poemarios do si e do non (poemario de influencia surrealista e cun ton lúdico), Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado (no que se distingue unha parte de carácter neotrobadoresco e outra máis intimista) e Erba aquí e acolá.
Celso Emilio Ferreiro
Autor de Longa noite de pedra (poemario que inaugurou a poesía social tras a guerra). Soubo conxugar o ton lírico, intimista e tenro co máis crítico, combativo, antifranquista, irónico e sarcástico. Gran compromiso nacionalista e lingüístico. Introduce rexistros da fala cotiá cunha finalidade humorística. Outras obras son Viaxe ao país dos ananos (ton sarcástico), Cantigas de escarnio e maldicir, Paco Pixiñas e Cimenterio privado. Como poeta intimista escribe: O soño sulagado, Terra de ningures e Onde o mundo se chama Celanova.
A Xeración das Festas Minervais
Xorde na década dos 50 grazas aos certames que se celebran en Santiago chamados Festas Minervais. Influenciados polas correntes estranxeiras, destacan:
- Maior atención á estética do poema.
- Predominio na temática chamada Escola de Tebra, presidida pola angustia e o pesimismo.
Podemos dividir os autores en dous grupos:
- Grupo Compostelán, seguidor do galeguismo.
- Grupo Brais Pinto, formado en 1958. Manteñen posturas máis radicais na ideoloxía política e son socialistas.
Autores das Festas Minervais
Uxío Novoneyra
Cultiva a lírica paisaxística centrada na montaña do Courel cun ton existencial. Obras: Os Eidos e Libro do Courel.
Xosé Luis Méndez Ferrín
Fundador do Grupo Brais Pinto. Obras: Voce de anebri, Antoloxía popular e Con pólvora e magnolias.
Bernardino Graña
Obras: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor os peixes sar arriba andasen...