España no Século XIX: Crise, Liberalismo e Independencia
España no Século XIX
1. A Crise do Antigo Réxime (1808-1814)
A Revolución Francesa acabaría por orixinar en España unha fonda crise que acabaría co Antigo Réxime.
Durante o goberno de Carlos IV, o 2 de maio de 1808, o pobo de Madrid levantouse contra as tropas francesas, mentres o pobo se organizaba en "guerrillas". A guerra contra o francés foi dura e violenta. Cando Napoleón despraza parte do seu exército a Rusia porque alí ten un novo escenario no que loitar, comeza a retirada dos franceses de España. En 1814, Napoleón asina o Tratado de Valençay polo que Fernando VII recuperaba a coroa de España.
No medio da guerra, houbo unha convocatoria de Cortes extraordinarias en Cádiz. Con moitas dificultades, lograron reunirse representantes...