Guía de Historia Contemporánea: Napoleón, Liberalismo e Sociedade de Clases

Historia3,59 KB

O Imperio Napoleónico: Ascenso e Caída

  • Chegou ao poder pola inestabilidade de Francia e polo apoio da burguesía cando deu o golpe de estado.
  • Victorias militares reorganizando o mapa europeo, expandindo as ideas revolucionarias pero tamén os sentimentos nacionalistas.
  • Fracasou ao invadir Rusia (polo frío) e España (pola Guerra da Independencia).
  • As potencias europeas xuntáronse contra Napoleón, que abdicou en 1814 e invadiron Francia. Escapou e volveu ser derrotado definitivamente en Waterloo.

Guerra e Revolución Liberal en España

Carlos IV e a Crise da Monarquía

  • Godoy: Home de confianza do monarca (fidalgo).
  • Aliouse con Francia contra Inglaterra e fracasou.
  • Napoleón entrou para conquistar Portugal. Os españois tomárono como unha invasión e obrigaron a Carlos IV a abdicar e nomear o seu fillo Fernando VII.

A Resistencia contra Napoleón

  • Napoleón conseguiu que Carlos IV e Fernando VII abdicasen nel, e nomeou o seu irmán Xosé I rei de España.
  • O pobo rebelouse e, con guerrillas, sorprendían os franceses. Coa axuda inglesa, expulsáronos en 1814.
  • Galicia foi o primeiro territorio liberado despois da Batalla de Ponte Sampaio.

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

  • Xuntas: Institucións revolucionarias que controlaban o goberno e a defensa do territorio.
  • Cortes de Cádiz: Elaboraron a Constitución de 1812 cos principios do liberalismo.

O Capitalismo: Fundamentos e Características

Orixe e Principios Fundamentais

O capitalismo é froito da Revolución Industrial e da política liberal.

(Nota persoal: Esta é unha regra mnemotécnica miña rara :D Comía LEite Pero o TAbaco De Tiza Me Ben Dolía... xa cho explicarei algún día jajajajaj quérote chu)

  • C: Capital para investir continuamente.
  • LE: Liberdade económica.
  • P: Propiedade privada protexida pola lei.
  • TA: Traballadores asalariados.
  • DT: División de tarefas para maior beneficio.
  • MB: Máximo beneficio.
  • D: Desigualdade e explotación.

A Sociedade de Clases: Estrutura e Dinámicas

Características Xerais da Sociedade de Clases

  • A clase social era determinada pola riqueza adquirida.
  • Igualdade xurídica.
  • Desigualdade económica.
  • Podíase descender e ascender de clase social.
  • Clases importantes: burguesía e proletariado. Clases con pouca influencia: nobreza e clero.

A Burguesía: Clase Dominante

  • Poder económico: Eran os que tiñan o capital procedente da agricultura, do comercio, da industria e das finanzas, que investían para conseguir máis beneficio. Controlaban os prezos do mercado e as redes, cobrando polas transaccións, e eles poñían o prezo aos produtos e aos salarios dos traballadores.
  • Poder político-ideolóxico: A lexislación do réxime liberal ía no seu favor e eles impuñan as modas e os seus gustos na sociedade.

O Proletariado: A Forza de Traballo

  • Vendían a súa forza de traballo a cambio dun salario.
  • Ao ser moi abundante, non existía lexislación laboral que os protexese.
  • Xornadas de traballo longas e salarios escasos.
  • Pésimas condicións laborais e disciplina moi estrita.

Descargar

PDF Word HTML