Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Secundaria

Reinos Peninsulares Medievais: Formación, Economía e Conflitos

Historia5,26 KB

O Reino de Portugal

Portugal formou parte de Castela e León ata comezos do século XII. A independencia de Portugal produciuse con Afonso Henriques.

O Reino de Pamplona

Durante o século XI este reino estivo gobernado polos descendentes de Sancho III o Maior, pero despois uniuse a Aragón. Á morte do rei Afonso I de Aragón, separouse de Aragón e volveuse organizar o Reino de Pamplona como estado independente. No século XII o rei Sancho VI o Sabio cambioulle o nome polo de Reino de Navarra.

A Formación da Coroa de Aragón

A voda entre Petronila, filla do rei aragonés, e o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, uníronse os dous territorios. O seu fillo Afonso II de Aragón foi o primeiro rei da Coroa de Aragón.

Os Almohades e as Navas de

...
Seguir lendo "Reinos Peninsulares Medievais: Formación, Economía e Conflitos" »

A Restauración Borbónica en España: Afonso XII e María Cristina

Historia2,43 KB

Entre 1875 e 1923, o réxime político existente en España coñécese como a Restauración Borbónica.

O Reinado de Afonso XII (1875-1885)

  • A pacificación do reino: derrota dos carlistas e dos rebeldes de Cuba.
  • A abolición dos privilexios forais vascos en 1876.
  • O asentamento de novas bases políticas baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo, nomeado presidente do Goberno, e a aprobación da Constitución Conservadora de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora con amplos poderes do rei e a relixión católica como a oficial do Estado.
  • Para poder gobernar, era necesario contar co apoio do rei e das Cortes, o que implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei nomeaba o seu goberno e este convocaba eleccións
...
Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España: Afonso XII e María Cristina" »

Historia: Conceptos Clave e Períodos Históricos

Historia5,72 KB

Actividades da Unidade 9: Historia

1. Define os seguintes termos históricos

  • Prehistoria: Etapa da humanidade onde non existe a escritura.
  • Fósil: Resto de materia orgánica que se conservou enterrado e petrificado en capas máis ou menos profundas da codia terrestre.
  • Hominización: Proceso que leva os primates a converterse en humanos.
  • Burguesía:
  • Gremio:
  • Foro:

2. Comparación: Sociedade Paleolítica vs. Neolítica

No Paleolítico, ocupaban zonas concretas do interior e zonas costeiras, onde se especializaron en actividades de marisqueo. No Neolítico, xurdiron innovacións como o cultivo de trigo e a domesticación de ovellas, cabras e porcos.

3. Primeiros metais e as súas melloras

O cobre con estaño (bronce). A súa utilización supuxo melloras significativas:...

Seguir lendo "Historia: Conceptos Clave e Períodos Históricos" »

Movementos de Independencia e Restauración Europea

Historia3,27 KB

Características dos Movementos de Independencia

A sociedade hispanoamericana estaba composta por españois, crioulos, indios, negros e mestizos.

  • A elite formábana españois e crioulos. A minoría crioula (15%) era o grupo social máis poderoso.
  • A maior parte da poboación estaba composta por indios, mestizos e negros.

Os crioulos formaron o grupo que protagonizou os movementos de independencia. Como en Europa, o liberalismo e o nacionalismo foron as súas bases ideolóxicas:

  • A ideoloxía liberal era ben coñecida polos crioulos.
  • O nacionalismo plasmouse na formación dunha conciencia crioula.

Primeira Fase da Independencia (1808-1815)

En 1810 organizáronse distintas xuntas, que empezaron a formar exércitos propios e a establecer relacións diplomáticas...

Seguir lendo "Movementos de Independencia e Restauración Europea" »

Termos Históricos e Culturais Clave: Definicións en Galego

Historia2,76 KB

Minarete

Torre da mesquita desde onde o muecín chama á oración cinco veces ao día.

Califa

Máxima autoridade do Islam, con poder político e relixioso.

Sociedade Estamental

A sociedade estaba dividida en dous estamentos: privilexiados e non privilexiados. Era unha sociedade pechada; pertencíase a cada estamento por nacemento e non se podía cambiar de estamento.

Estamentos da Sociedade Estamental

  • Privilexiados: Formado polo rei, a familia real, nobres e alto clero. Eran propietarios das terras, non traballaban, non pagaban impostos e ocupaban os cargos máis importantes da administración.
  • Non privilexiados: Formado polos campesiños, artesáns, comerciantes, soldados e baixo clero. Eran máis do 80% da poboación, non tiñan terras propias, traballaban
...
Seguir lendo "Termos Históricos e Culturais Clave: Definicións en Galego" »

Democracia en España: Transición, Constitución e Gobernos

Historia6,21 KB

Democracia: Definición e Fundamentos

Definición: Sistema político no que a soberanía reside na cidadanía.

Poder: Capacidade de conseguir que a conduta dos demais se adapte á vontade de quen o exerce.

Fundamentos da Democracia

  • División de poderes
  • Eleccións libres e periódicas
  • Soberanía popular
  • Respecto aos dereitos e ás liberdades
  • Pluralismo de partidos
  • Tolerancia
  • Existencia dunha Constitución

Diferenzas cos Sistemas Non Democráticos

  • Poder: Reside nunha soa persoa ou grupo reducido.
  • Goberno: Non ten límites nin control efectivo.
  • Pluralismo: Non hai pluralismo político nin ideolóxico.
  • Control social: Contrólase ferreamente a sociedade, impoñendo ideas (incluídas relixiosas) e valores mediante propaganda e o control dos medios de comunicación.
...
Seguir lendo "Democracia en España: Transición, Constitución e Gobernos" »

Segunda República: Bienio Negro e Fronte Popular (1933-1936)

Historia3,41 KB

O Bienio Negro (1933-1936)

O partido máis votado nas eleccións de 1933 foi a CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas) de Gil Robles, un partido de dereitas, católico e antirrepublicano. Non obstante, precisou dos votos do Partido Radical de Lerroux para formar goberno. A CEDA apoiou o goberno radical desde o Parlamento.

Lerroux viuse así obrigado a iniciar unha política de rectificación das reformas do bienio anterior, polo que paralizou moitas das medidas iniciadas:

  • Paralización da reforma agraria, coa consecuente expulsión das terras que ocuparan miles de xornaleiros.
  • Paralización da reforma militar.
  • Conciliación coa Igrexa católica.
  • Paralización das reformas educativas.
  • Enfrontamento cos nacionalismos periféricos (freo
...
Seguir lendo "Segunda República: Bienio Negro e Fronte Popular (1933-1936)" »

A Transición Democrática en España: Da Ditadura á Democracia

Historia13,14 KB

A Democracia

Fundamentos do Sistema Democrático

  • División de poderes: Executivo, lexislativo e xudicial; é dicir, independencia de cada un respecto aos outros dous.
  • Eleccións: Por parte da cidadanía das persoas que van exercer o poder político e a autoridade durante o tempo establecido pola lei.
  • Soberanía popular: O poder reside no pobo. A cidadanía elixe os seus gobernantes, o que lle dá lexitimidade ao sistema democrático.
  • Respecto aos dereitos e ás liberdades: Expresáronse por primeira vez durante a Revolución Francesa e plásmanse na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
  • Pluralismo de partidos: A libre participación dos partidos políticos nas eleccións.
  • Persoas libres e iguais ante a lei: Todos debemos ser tratados
...
Seguir lendo "A Transición Democrática en España: Da Ditadura á Democracia" »

Descolonización e Guerra Fría: Conceptos Clave

Historia2,79 KB

Conceptos Clave da Descolonización e a Guerra Fría

Datas de Independencia

  • Filipinas: 1946
  • Bangladesh: 1947/1971
  • Libia: 1951
  • India: 1947
  • Vietnam: 1954
  • Guinea: 1958
  • Alxeria: 1962

Segunda Guerra Mundial

A Segunda Guerra Mundial estalou debido ás tensións políticas, económicas e sociais xurdidas no período de entreguerras (1919-1939). Ao finalizar a guerra, desapareceron os fascismos e abriuse paso unha nova situación internacional, caracterizada pola Guerra Fría e a descolonización.

ONU

A ONU foi creada nas conferencias de Ialta e de San Francisco cos obxectivos de manter a paz e a seguridade internacional mediante a resolución pacífica dos conflitos.

Cortina de Ferro

Liña imaxinaria que se estendía desde a desembocadura do río Oder ata a cidade...

Seguir lendo "Descolonización e Guerra Fría: Conceptos Clave" »

Reinado de Isabel II, Sexenio Democrático e Restauración

Historia3,37 KB

Últimos anos do reinado de Isabel II

  • Durante a última etapa do reinado de Isabel II houbo un período de alternancia entre os moderados de Narváez e a Unión Liberal de O'Donnell. Reinstaurouse a Constitución moderada de 1845.
  • A morte dos líderes, Narváez e O'Donnell, o autoritarismo co que gobernaban, a crise financeira e de subsistencia que se desencadeou en 1866 e a perda de popularidade da raíña facilitaron o entendemento entre progresistas e demócratas no Pacto de Ostende para derrocar a Isabel II. Un novo pronunciamento militar provocou o cambio político e supuxo o exilio de Isabel II a Francia.

O Sexenio Democrático (1868-1874)

  • Produciuse a sublevación para superar a crise económica e democratizar a vida política. Esta sublevación
...
Seguir lendo "Reinado de Isabel II, Sexenio Democrático e Restauración" »