España no Século XIX: Crise, Liberalismo e Independencia

Historia4,53 KB

España no Século XIX

1. A Crise do Antigo Réxime (1808-1814)

A Revolución Francesa acabaría por orixinar en España unha fonda crise que acabaría co Antigo Réxime.

Durante o goberno de Carlos IV, o 2 de maio de 1808, o pobo de Madrid levantouse contra as tropas francesas, mentres o pobo se organizaba en "guerrillas". A guerra contra o francés foi dura e violenta. Cando Napoleón despraza parte do seu exército a Rusia porque alí ten un novo escenario no que loitar, comeza a retirada dos franceses de España. En 1814, Napoleón asina o Tratado de Valençay polo que Fernando VII recuperaba a coroa de España.

No medio da guerra, houbo unha convocatoria de Cortes extraordinarias en Cádiz. Con moitas dificultades, lograron reunirse representantes de todo o territorio nacional. A maioría deles defendía as novas ideas do liberalismo, e os outros seguían a defender o absolutismo. En Cádiz, aprobouse a primeira Constitución española, a de 1812, que reflicte os principios fundamentais do liberalismo:

  • Soberanía nacional
  • División de Poderes
  • Sufraxio universal masculino
  • Recoñecemento de amplas liberdades (propiedade privada, liberdade de expresión, etc.)

As Cortes tamén aprobaron unha serie de decretos co obxectivo de acabar co Antigo Réxime:

  • Supresión dos señoríos
  • Supresión da Inquisición
  • Supresión dos gremios
  • Igualdade de todos ante a lei e ante os impostos

A situación bélica impediu aplicar todo o decidido en Cádiz.

2. Enfrontamento entre Absolutismo e Liberalismo

Fronte aos liberais, os antigos privilexiados só desexaban a volta á situación anterior. O rei Fernando VII, facéndolle caso a estes últimos, clausurou as Cortes e anulou todo o feito por elas. Restauráronse as antigas institucións, restableceuse o réxime señorial, é dicir, volveuse ao Antigo Réxime. Os liberais foron perseguidos e moitos tiveron que exiliarse.

De cando en vez, algún militar simpatizante das ideas liberais facía un pronunciamento tratando de cambiar as cousas. Un destes pronunciamentos, o do coronel Riego, triunfou, empezando así o Trienio Liberal. Fernando VII viuse obrigado a asinar a Constitución de Cádiz e a restaurar gran parte das reformas feitas alí: abolición do réxime señorial, etc.

De todos os xeitos, Fernando non simpatizaba co experimento liberal e pediu axuda ás potencias europeas para volver ao absolutismo. Así, a Santa Alianza manda a España un exército francés (os Cen Mil Fillos de San Luís) que derrotaron aos liberais e repoñen a Fernando VII como monarca absoluto.

3. A Quebra do Absolutismo

Supón a volta ao absolutismo, anúlase a lexislación do Trienio e os liberais son de novo perseguidos. Pero España sufría unha fonda crise económica. As guerras de independencia contra os franceses e a que se estaba a levar a cabo en América supoñían un forte desgaste da facenda pública. Polo tanto, era necesaria unha reforma fiscal que obrigase a pagar impostos aos privilexiados (nobreza).

Por outro lado, estaba o problema dinástico. En España estaba vixente a Lei Sálica, pola que non podían gobernar as mulleres. Para garantir o trono á súa filla Isabel, Fernando VII ditou a "Pragmática Sanción" que acababa coa Lei Sálica. Os partidarios do absolutismo non aceptaron esta medida; eles defendían como sucesor ao irmán de Fernando VII, Carlos Mª Isidro (o Carlismo).

Ante estes problemas, Fernando VII buscaría apoios nos liberais. Así que, ao final do seu reinado, o réxime absolutista entra en quebra.

4. A Independencia das Colonias Americanas

Causas da Independencia

  • A América tamén chegan as ideas da Revolución Francesa: igualdade, liberdade, división de poderes, soberanía nacional, etc.
  • A influencia do sucedido en América do Norte, onde 13 colonias inglesas constituíron os Estados Unidos.
  • A burguesía crioula americana quere dispoñer do seu propio futuro.

Os focos máis importantes da rebelión foron Venezuela (con Simón Bolívar) e o Vicerreinado da Prata (con San Martín).

Finalmente, España perdeu todas as súas colonias agás Cuba, Porto Rico e Filipinas.

A idea de Bolívar duns estados federados non se puido levar a cabo. América fragmentouse en múltiples repúblicas, esquecéronse da poboación indíxena e a sociedade poscolonial naceu con grandes desigualdades sociais e económicas.

Descargar

PDF Word HTML