Movemento Obreiro e Agrarismo en Galicia: Séculos XIX e XX

Historia3,68 KB

Movemento Obreiro: Etapas

As Primeiras Protestas: Movemento Ludista

Nas décadas de 1820 e 1830, cos inicios da industrialización e a introdución de novas máquinas, xorde o movemento ludista ou mecanoclasta. Destaca a destrución de máquinas en Alcoi (1821), Cataluña (incendio da fábrica "El Vapor" en 1835) e A Coruña (1857).

Loita polo Asociacionismo

  • 1836: Suprímense os gremios, que limitaban a liberdade de produción. Prohíbese calquera tipo de asociación obreira.
  • 1839: Unha Real Orde autoriza a creación de sociedades obreiras de axuda mutua e beneficencia (conxunto de obreiros dun mesmo oficio que se axudan mutuamente). Progresivamente pasarán do carácter social ao reivindicativo.
  • Década moderada: Ilegalización das sociedades obreiras, que seguen existindo na clandestinidade.
  • Bienio Progresista: Volven ser autorizadas polas peticións masivas dos obreiros. Petición do dereito de asociación ás Cortes Constituíntes redactada por Pi i Margall (republicano). Unión do movemento obreiro co republicanismo.
  • 1864: Fundación da AIT (Asociación Internacional de Traballadores). En toda Europa quéixanse das condicións de traballo.

Sexenio Democrático

  • 1869: Recoñécese o dereito de asociación na Constitución. Difusión das novas ideoloxías: anarquismo por Fanelli en Cataluña, Levante e Andalucía, e marxismo por Lafargue, en Madrid.
  • 1870: Fundación da Federación Rexional Española (FRE), que se integra na AIT.
  • 1871: Comuna de París (goberno de obreiros bota aos liberais, pero fracasan).
  • 1872: Ruptura da AIT. A FRE declárase maioritariamente anarquista.
  • 1873: Levantamento de Alcoi.
  • 1874: Ditadura de Serrano, suprímense os dereitos e con eles a actividade da AIT.

Restauración

O anarquismo foi a ideoloxía dominante. Os socialistas adheríronse á II Internacional. As asociacións obreiras perden forza, pero multiplícanse de xeito espectacular no primeiro terzo do século XX. Lei de Asociacións de 1887.

Anarquismo

  • 1881: Federación Rexional de Obreiros (clandestina). Propaganda pola acción terrorista, Man Negra.
  • 1910: Créase a CNT, o sindicato máis importante.
  • 1917: Folga xeral conxunta da CNT e a UXT.
  • 1927: Nace a FAI, máis radical, froito das represións.

Socialismo Marxista

  • 1879: Nace o PSOE na clandestinidade, da man de Pablo Iglesias.
  • 1888: Publícase "El Socialista", xornal de difusión de ideas.
  • 1888: Créase a UXT (sindicato, negocia coas empresas), asociado ao PSOE.
  • 1889: Integración na II Internacional (primeira reivindicación de obreiros marxistas).
  • 1910: Primeiro deputado socialista, Pablo Iglesias.
  • 1917: Revolución Rusa, folga da UXT e a CNT.
  • 1921: Creación do PCE.
  • 1918-23: Aumento da conflitividade.

Outras formas de loita: Sociedades obreiras católicas e conflitividade agraria.

Agrarismo Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Etapas

Finais do Século XIX a 1913

Aparición de sociedades como "Unión Campesiña" e "Acción Gallega", cuxo obxectivo principal era a redención dos foros.

1917-1923

Radicalización pola redención dos foros. Represión. Os señores aceptan os cartos da emigración para redimir a maioría dos foros.

Ditadura

Os máis radicais foron prohibidos e proliferan sindicatos de inspiración católica. En 1926 promúlgase a Lei de Redención de Foros, que serviu de marco legal, xa que a maioría xa estaban redimidos. Aínda así, os campesiños foreiros quedaron illados ata os anos 60.

Descargar

PDF Word HTML