Orixes e Evolución do Movemento Obreiro
Orixes do Movemento Obreiro
As principais causas do nacemento do movemento obreiro foron, por unha banda, a explotación dos traballadores, con longas xornadas, duras condicións laborais e escasos salarios, xunto co desemprego xerado pola chegada das máquinas; e por outra, a ausencia de liberdade de asociación.
Como consecuencia, xurdiron os primeiros conflitos, con motíns, folgas e manifestacións. Apareceu o ludismo, unha acción violenta contra as máquinas. Despois dos conflitos, xurdiron as primeiras formas de organizacións obreiras, como as sociedades de socorro mutuo. As xuntas destas asociacións eran, moitas veces, clandestinas. Creouse o sindicato Great Trade Union, de nivel nacional, que agrupou a maioría dos sindicatos e impulsou a creación de cooperativas de produción para avanzar cara a unha nova sociedade. Por último, chegou o cartismo, onde todos os obreiros se xuntaron e demandaron dereitos sindicais e políticos na Carta do Pobo. A última consecuencia que tivo foi a Revolución de París, que foi un punto de inflexión, co fin da actuación interclasista e a cuestión das novas formulacións doutrinais.
Grandes Correntes Ideolóxicas
Socialismo Utópico (antes de 1848)
Foron voces que se alzaron despois da Revolución Industrial, denunciando as inxustizas do novo sistema capitalista. Houbo diferentes correntes:
- Babeuf e Blanqui: Consideraban que a igualdade soamente se podía alcanzar pola violencia.
- A maioría avogaba por unha transformación social pacífica, a través da difusión de ideas, da educación e do exemplo. Destacan:
- Charles Fourier: Defendía a creación de falansterios.
- Étienne Cabet: Deseñou Icaria.
- Robert Owen: Defendeu a organización de traballadores en cooperativas, sen propietarios nin salarios.
En definitiva, o que se pretendía eran transformacións sociais a partir das ideas.
Marxismo e Anarquismo (a partir de 1848)
Marxismo
Marx e Engels elaboraron unha teoría que era un programa de acción para cambiar a sociedade: o socialismo científico. Tivo o seu referente no Manifesto Comunista de Londres. Fixeron unha teoría marxista que se baseaba en tres piares:
- A loita de clases.
- A crítica do sistema capitalista.
- A revolución e ditadura do proletariado.
Anarquismo
O anarquismo critica a sociedade capitalista e propón un modelo alternativo baseado na ausencia de autoridade. O primeiro referente foi Proudhon, que consideraba a propiedade un roubo e defendeu un sistema social baseado no traballo autónomo e na expansión do mutualismo e do cooperativismo. Apareceu o ruso Bakunin, que tivo un papel decisivo. Formulou que a revolución era protagonizada polos sectores oprimidos e sería o resultado de loitas contra as masas de explotación. O seu obxectivo era a destrución do Estado e unha sociedade igualitaria. A súa influencia deuse, sobre todo, en Suíza. Coas bases destes dirixentes, formulouse un ideario libertario que propuña a anarquía como modelo de sociedade.
A AIT e o Internacionalismo (a partir de 1864)
A Asociación Internacional de Traballadores (AIT) representou a internacionalización do movemento obreiro e a emancipación da loita obreira. A Comuna de París foi un goberno popular que correspondía ao ideal de república democrática e social. Logo, houbo un enfrontamento entre socialistas e anarquistas que terminou coa súa ruptura, xa que o anarquismo continuaba na Internacional Antiautoritaria, coa fracción violenta do anarcocomunismo e a fracción sindical do anarcosindicalismo, mentres que o socialismo incorporouse á Segunda Internacional, coa creación de partidos e sindicatos nacionais e a gran discusión entre revisionismo e revolución.