A Crise da Restauración en España: Reinado de Afonso XIII

Historia5,39 KB

Crise da Restauración e Afonso XIII

Contexto: O Desastre do 98 e a Rexeneración

Esta época podemos situala no reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración, consecuencia da Rexencia de María Cristina de Habsburgo e o Desastre do 98.

A finais do século XIX, o réxime establecido por Cánovas (Partido Liberal-Conservador) viuse sacudido por unha forte crise, xa que se perderon as últimas colonias españolas: Filipinas, Cuba e Porto Rico. A Restauración coincide plenamente co imperialismo colonial europeo. O capitalismo financeiro en plena expansión impulsa as grandes potencias a formar imperios coloniais en todo o mundo, imitando á Gran Bretaña.

Paralelamente, España viuse envolta nunha crise interna: o Desastre. A perda do imperio colonial foi considerada un desastre militar e diplomático. Unha das primeiras consecuencias foi a formación dunha corrente de opinións a favor da rexeneración en España. Ábrese de novo un período de crise da Restauración, que culmina en 1923.

O Reinado de Afonso XIII (1902-1923)

En maio de 1902, Afonso XIII, unha vez alcanzada a maioría de idade, foi proclamado rei. Este rei debía ser constitucional. No seu reinado diferéncianse dúas etapas:

  • Etapa constitucional, dentro do sistema da Restauración.
  • O intento de volver á monarquía constitucional, que acabou co exilio do rei e a proclamación da Segunda República.

Desarticulación Progresiva do Sistema

Entre 1902 e 1923 prodúcese unha progresiva desarticulación do sistema canovista da Restauración. Os intentos por salvar o sistema fracasaron pola oposición da oligarquía tradicional. En resumo, o reinado de Afonso XIII foi un progresivo camiño cara á desintegración do réxime da Restauración, con graves crises e reformas frustradas que daban lugar a dúas saídas: democratización ou ditadura.

O Poder Militar e a Lei de Xurisdicións (1906)

Despois do 98, as críticas contra o exército xeneralízanse, causando un forte malestar entre militares e políticos. En 1905, algúns oficiais da gornición de Barcelona asaltan e destrúen a redacción dunha revista que publicara críticas.

O poder militar imponse ao civil ao conseguir, co consentimento do rei, a aprobación da nova Lei de Xurisdicións en 1906, que sometía ao foro militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a patria e o exército. Os incidentes de Barcelona debilitaron a actuación dos políticos fronte aos militares.

Altérase así unha das bases da Restauración: a preeminencia do poder civil sobre o militar.

Reformas Frustradas: Maura e Canalejas

Despois disto, intentáronse introducir reformas sen alterar as bases do sistema para un mellor funcionamento. Entre 1907 e 1909, un político conservador, Antonio Maura, e máis tarde, entre 1910 e 1912, un goberno liberal encabezado por José Canalejas, introduciron unha serie de reformas.

A Crise de 1917: Punto de Inflexión

Impacto da Gran Guerra e Crise Social

Despois desta etapa, avecíñase unha crise en 1917. España, neutral na Gran Guerra, experimenta un desenvolvemento industrial e produtivo na súa economía, pero tamén un forte aumento dos prezos nos produtos de primeira necesidade. Esta é a crise máis profunda do sistema da Restauración.

Conflitos Militar, Político e Social

Nela conflúen tres conflitos:

  • Militar: Descontento nas Forzas Armadas (Xuntas de Defensa).
  • Político: Petición de Cortes constituíntes (Asemblea de Parlamentarios).
  • Social: Folga xeral revolucionaria.

A crise social será en España un grave problema de abastecemento que afecta ás clases populares. A alza de prezos produce malestar social, que dá lugar a protestas e manifestacións.

A Folga Xeral de Agosto

En 1916, as grandes centrais sindicais, UGT (Unión General de Trabajadores) e CNT (Confederación Nacional del Trabajo), convocan unha folga xeral de 24 horas, á que se suman as clases traballadoras. Ao non lograrse melloras, a tensión aumenta. A UGT e o PSOE (Partido Socialista Obrero Español) convocarán agora unha folga xeral en toda España o 18 de agosto de 1917 con obxectivos de carácter revolucionario.

A folga conta coa colaboración dos republicanos e da CNT, e tamén do proletariado. O goberno reaccionará cunha forte represión e a folga fracasará, provocando moitas vítimas por mor das persecucións aos folguistas.

Cara á Ditadura: Marrocos e Annual (1921)

Despois disto, dáse unha creba da monarquía constitucional. Prodúcese a cuestión marroquí e o Desastre de Annual (1921).

Ao perderse as colonias ultramarinas, España céntrase na política de Marrocos, o que levará a novos conflitos e, finalmente, contribuirá ao colapso do réxime.

Descargar

PDF Word HTML