As Desamortizacións Clave do Século XIX: Mendizábal, Espartero e O'Donnell

Historia2,73 KB

O Liberalismo e as Desamortizacións no Século XIX

Durante o reinado de María Cristina, entre o 1835 e 1936, sucédense numerosas revoltas e motíns provocados polos partidos liberais e pola situación que xeraron as revoltas carlistas. Ante esta situación, María Cristina deixou o goberno nas mans de Mendizábal, o cal realiza numerosas reformas socioeconómicas en 1835:

1. A Rexencia de María Cristina e Mendizábal (1835)

As reformas clave de Mendizábal incluíron:

  • O restablecemento das deputacións provinciais, nas que se incorporan os membros das xuntas.
  • A supresión de todos os conventos e a expulsión de todos os seus membros, agás os das ordes que se encargaban do coidado de enfermos e da xente pobre.
  • A expropiación e venda dos bens das ordes eclesiásticas. Dita desamortización ten coma finalidade conseguir arranxar os problemas fiscais, captar xente seguidora á Raíña e suprimir o poder económico da Igrexa.
  • A reforma do reclutamento militar para poder derrotar aos carlistas. Mendizábal proclamou unha nova lei (rendición de quintas), a cal permitía non ir á guerra sempre e cando se pagase á Coroa para manter a guerra. Pero esta lei só beneficiou as clases medias e altas, posto que os campesiños non posuían suficiente diñeiro coma para cumprir esta lei.

2. A Desamortización de Espartero (1841)

En 1841, aparece a segunda desamortización, producida tras a expulsión de María Cristina. Espartero proclámase o novo rexente e impón unha serie de novas medidas para resolver os problemas internos (o problema foral vasco e navarro). Neste momento, póñense á venda todas as propiedades da Igrexa para poder facer fronte aos fortes problemas internos, o que se ve reflectido no artigo 2 do documento 2.

3. O Bienio Progresista e a Desamortización Xeral (1855)

A terceira desamortización prodúcese nun momento chamado Bienio Progresista, no cal os progresistas e os moderados descontentos protagonizan un pronunciamento militar coñecido coma a “Vicalvarada”. A Raíña, que quedara sen apoios, nomea coma xefe do Estado a O'Donnell.

Na actuación do seu goberno predominou a Lei de Desamortización Xeral de 1855, que poñía á venda os bens propios e comúns dos concellos, o cal dá un duro golpe á economía destes. Os campesiños non poden comprar, polo cal prodúcese un empeoramento das súas condicións de vida. Tamén se asina a Lei de Ferrocarrís Españois. Tras un enfrontamento entre O'Donnell e Espartero, sae coma gañador O'Donnell.

Descargar

PDF Word HTML