Conflitos da Guerra Fría: Cuba, Vietnam e Corea

Historia2,41 KB

Crise dos mísiles de Cuba

En 1959 produciuse unha revolución en Cuba contra a ditadura de Batista. Tras tomar o poder, instauraron un réxime comunista baixo a xefatura de Fidel Castro. En 1962, avións espías estadounidenses captaron imaxes de bases de mísiles soviéticos na illa e esixiron á ONU o seu desmantelamento. O presidente Kennedy decretou un bloqueo por mar e aire e ameazou con desarmar e rexistrar calquera barco soviético. Finalmente, Khrushchev, máximo dirixente da URSS, decidiu retirar os mísiles.

A guerra de Vietnam

Un movemento procomunista derrotou os franceses en 1953 no norte de Indochina, o que supuxo o comezo da retirada francesa da península. O país quedou dividido en dous: Vietnam do Norte, comunista, e Vietnam do Sur, prooccidental. Os conflitos entre ambas as partes fixeron que interviñesen os EUA. En 1964 iniciouse a cruenta guerra, que rematou coa derrota e retirada dos Estados Unidos en 1973. Dous anos despois, en 1975, realizouse a unificación nun só Vietnam cun réxime comunista.

A división do mundo en bloques

Tras a Segunda Guerra Mundial, e a partir de acordos territoriais entre as potencias vencedoras en conferencias como a de Ialta, dende 1945 o mundo quedou dividido en dúas grandes áreas de influencia, encabezadas cada unha polos EUA e pola Unión Soviética.

A OTAN e o Pacto de Varsovia

En 1949, os EUA decidiron reforzar a súa posición militar creando unha alianza de defensa mutua, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), que agrupaba a maioría dos países europeos non comunistas. Como resposta, en 1955 creouse unha organización antagónica, o Pacto de Varsovia, no que participaban a URSS e todos os países comunistas da Europa Oriental, agás Iugoslavia.

A guerra de Corea

Tras ser invadida por Xapón na Segunda Guerra Mundial, os acordos de Potsdam dividiron Corea en dúas zonas: unha capitalista ao sur e outra comunista ao norte. No ano 1950, Corea do Norte atacou a Corea do Sur. Os Estados Unidos decidiron intervir e acudiron á ONU, que autorizou a súa intervención militar. A ONU desprazou a fronteira máis ao norte do paralelo 38, pero entón China entrou a favor da Corea comunista e os Estados Unidos solicitaron a paz. Asinada a paz, a fronteira fixouse de novo no paralelo 38.

Descargar

PDF Word HTML