Gobernos de Galicia: Albor, Laxe e Fraga
1. Goberno de Fernández Albor
Constituído o Parlamento, a alianza AP-UCD permitiu a formación do primeiro goberno autonómico, presidido por Fernández Albor. Ambos os partidos comezaron o traspaso das competencias do poder central ao poder autonómico e a construción dunha administración autonómica eficaz. Así, constituíuse a Compañía de Radiotelevisión de Galicia e promoveuse a Lei de Normalización Lingüística.
Nas eleccións do 85, ningún partido acadou a maioría absoluta. O partido AP foi o encargado de formar o segundo goberno de Fernández Albor, aínda que precisou de pactos e alianzas con outras forzas políticas. Esta foi unha etapa de goberno inestable. A oposición aproveitouno cunha moción de censura.
2. Goberno tripartito ou de progreso de González Laxe
Impulsou a política educativa e sanitaria, pero condicionado polo difícil equilibrio entre as forzas políticas que o sostiñan. As críticas sobre o cambio a partir da moción de censura reforzaron a inestabilidade deste goberno.
3. Gobernos do PP de Manuel Fraga
Manuel Fraga foi un dos fundadores do partido. No 89, foi designado candidato á Presidencia da Xunta. Este incorporou un discurso máis galeguista e obtivo a maioría absoluta. No primeiro goberno (90/93), reclamou maior autogoberno na Administración Única. Creáronse algunhas institucións: Tribunal Superior de Xustiza, Policía Autonómica e o Sergas.
No segundo goberno de Fraga (93/97), aprobouse a Lei de Comarcalización, que contempla a división do territorio en 53 comarcas. Houbo un terceiro e cuarto goberno.
D.2 A poboación
A evolución demográfica presenta un cambio significativo, pasando dunha taxa de crecemento positiva a unha negativa.
- Regresión demográfica
Na segunda metade do século XX, a demografía galega atravesou por un rápido proceso de transición demográfica, que levou ao avellentamento debido á emigración da poboación nova.
Na década dos 70, a detención do proceso emigratorio, acompañado do retorno de moitos galegos, supuxo un aumento demográfico. Nos anos 80, a poboación entrou nunha fase de estancamento. A finais dos 80, morre máis xente da que nace.
- A desigual distribución demográfica
A poboación galega está atomizada e dispersa.
D.3 A economía galega
Na segunda metade do século XX, Galicia evolucionou desde unha economía tradicional a outra máis moderna. Entre o 75 e o 96, a poboación activa no sector primario descendeu, mentres que a secundaria se mantivo.
Galicia ten graves desequilibrios entre o interior e a costa. O proceso de modernización afectou a todos os sectores de actividade económica.
Nos 70, a base económica seguía centrada na terra. O subsector da construción adquiriu un gran pulo.