Mapa Económico e Institucional da Coroa de Castela nos Séculos XIV-XVI
Trátase dun mapa da Coroa de Castela durante o século XIV, que representa os principais centros comerciais, os carreiros para o gando trashumante e as devesas das ordes militares. Durante este século, todos os reinos da península estaban a pasar por unha crise económica e demográfica, polo que as actividades agrícolas decenderon notablemente e deuse maior importancia á gandería. Isto favoreceu a Castela debido á creación da Mesta en 1273, unha organización de gandeiros transhumantes. A transhumancia eran desprazamentos que se realizaban para alimentar ao gando dependendo do mes do ano. Estes desprazamentos realizábanse a través dunhas rutas chamadas cañadas, o que facilitaba os desprazamentos. As mestas, ademais de ter estes camiños para os desprazamentos, tamén estaban moi protexidas xa que proporcionaban ingresos fiscais. No que respecta á localización dos principais centros comerciais, estaban todos relacionados coa compra-venda de la, xa que numerosas cidades querían expandir o seu comercio internacional. Esta era exportada ou se utilizaba para as manufacturas téxtiles locais, que despois eran vendidas nas feiras que se celebraban nalgunhas cidades, como a de Medina del Campo.
A organización institucional baixo os Austrias
Esta organización mantivo basicamente a estrutura que deseñaran os Reis Católicos. A monarquía era o cumio de todo o sistema. Ao igual que outras monarquías europeas, a española evolucionou cara a prácticas absolutistas ao longo dos séculos XVI e XVII, pero este era un absolutismo imperfecto, xa que en moitos territorios os monarcas debían respectar os foros e os privilexios arraigados. Gobernaba o rei coa axuda do sistema polisinodial ou de consellos, que eran organismos especializados de goberno e asesoramento, aínda que as decisións eran tomadas polo rei. Este sistema foi crecendo conforme se expandía a monarquía. As principais transformacións foron dúas:
- Aumentou o número de consellos (consellos territoriais e consellos temáticos), aínda que mantiveron as mesmas funcións.
- Apareceu un Consello de Estado creado por Carlos V en 1526 con competencias en política exterior, e estaba formado por especialistas nesta materia e presidido polo rei.
As Cortes continuaron sendo territoriais, pero a súa importancia diminuíu e as convocatorias foron cada vez menos frecuentes. Un dos problemas da administración dos Austrias era a venalidade dos cargos. Aínda que os monarcas evitaron aplicar esta práctica aos cargos xudiciais e financeiros, a súa difusión tendeu a crecer e a degradar a administración.