O Sexenio Democrático (1868-1874): Historia e Fases Clave
O Sexenio Democrático (1868-1874)
O Sexenio 1868-1874 é a etapa máis democrática do século XIX, pero tamén a máis inestable. En pouco máis de 6 anos, o Estado español coñeceu unha monarquía (Amadeo I) e unha república (a primeira da súa historia).
A Revolución "La Gloriosa" tiña un obxectivo: derrocar a Isabel II e apartar do goberno aos moderados. Isto provocou o exilio da raíña e a chegada ao poder dos progresistas e demócratas (os máis marxinados durante o seu reinado).
Fases do Sexenio
Podemos falar de 4 fases:
1. Goberno Provisional (1868-1871)
Iníciase coa Revolución Gloriosa de 1868 co obxectivo de acabar coa monarquía e instaurar un réxime liberal democrático. Foi asinado polos partidos:
- Demócrata (Pi i Margall)
- Progresista (Prim)
- Unión Liberal (Serrano)
Causas do Levantamento contra Isabel II
- Crise no sistema político: Corrupto, cunha sistemática exclusión do goberno de todos os grupos políticos, agás os moderados e a coroa, favorecendo o goberno destes.
- Impopularidade de Isabel II: Cunha conduta non moi exemplar.
- Depresión económica: Dende 1866 afectaba a toda Europa con malas colleitas, crise na industria téxtil, quebras de moitos bancos...
As clases populares, afectadas polo paro e pola crise de subsistencias, apoiaron a insurrección cando Prim e Topete sublevaron a escuadra. Foi publicado o manifesto ¡Viva España con honra!, no que se recollía a formación dun goberno provisional e a elección de Cortes Constituíntes por sufraxio universal. Creáronse xuntas revolucionarias, disoltas por Serrano ao subir ao poder. Cuba declárase independente e estala unha guerra contra España.
O Goberno Provisional e a Constitución de 1869
Ten como obxectivo atopar un novo rei para España. Estará presidido polo xeneral Serrano. Prim será ministro de Guerra e o home forte do goberno. Promúlganse unha serie de decretos previos á Constitución de 1869:
- Liberdade de prensa, asociación, ensino e culto.
- Disolución das Ordes Relixiosas.
- Establecemento do sufraxio universal masculino.
- Matrimonio civil.
O goberno convocou eleccións a Cortes Constituíntes por sufraxio universal (masculino). As Cortes Constituíntes están formadas por:
- Grupos de dereita (carlistas)
- Centro (progresistas e demócratas como Sagasta e Prim)
- Republicanos (Figueras)
Estas Cortes elixen como rexente a Serrano.