Conceptos Clave Historia de España: S. XVIII, Cortes de Cádiz e Constitución
Cortes de Cádiz
Durante a Guerra da Independencia, unha xunta de deputados representante da nación. Son de carácter liberal, recoñecen a Fernando VII como rei e son unha alternativa ao Estatuto de Baiona. Elaboran leis que poñen fin ao Antigo Réxime e a Constitución de 1812.
Constitución
Lei suprema dun Estado liberal elaborada por representantes dos cidadáns reunidos nas Cortes. Debe incluír:
- División de poderes
- Declaración de dereitos e liberdades
O Século XVIII e o Antigo Réxime
Nesta época existe o chamado Antigo Réxime.
Sociedade
A poboación está organizada nunha sociedade estamental, que ten como características esenciais a desigualdade xurídica e o inmobilismo social, dividida en:
- Privilexiados: Nobreza e clero, que posúen