A Segunda República Española: Historia e Reformas (1931-1933)
A Segunda República Española: Contexto e Proclamación
O resultado das eleccións do 12 de abril de 1931 deulle a vitoria ás forzas republicanas na maioría das grandes cidades e adquiriu deste xeito un carácter de plebiscito contra a monarquía. Ante esta situación, o rei Afonso XIII renunciou á coroa, abandonou España e o 14 de abril proclamouse a República. O novo réxime amosábase aos ollos da poboación como unha oportunidade para democratizar e modernizar o Estado español mediante un amplo programa de reformas económicas e sociais.
Así e todo, a República naceu en circunstancias difíciles. No ámbito internacional, o mundo debía facerlle fronte á crise máis grave do capitalismo logo do crac bolsista de 1929. Ademais, en Europa, o fascismo comezara a súa escalada e poñía en perigo os sistemas democráticos. En España, o réxime republicano foi recibido con entusiasmo polas clases medias e populares, pero era percibido con temor polas elites sociais e económicas.
A falta de tradición democrática en España, a conflitividade social, a lentitude das reformas e a oposición dos grupos conservadores conduciron á inestabilidade política. Tanto o primeiro goberno republicano como o seguinte goberno de dereitas tiveron que adiantar as eleccións. O triunfo da Fronte Popular de esquerdas en febreiro de 1936 foi o pretexto para que os inimigos da República decidisen alzarse en armas contra ela.
A Proclamación da República
Nas eleccións de abril de 1931 saíu triunfante a coalición republicano-socialista. Así, o 14 deste mes, proclamouse a República, polo que Afonso XIII abandonou a coroa e exiliouse. Formouse un goberno provisional republicano-socialista, con Niceto Alcalá Zamora á fronte como xefe do goberno. Este goberno inmediatamente convocou eleccións ás Cortes Constituíntes.
Este goberno tomou unha serie de medidas de urxencia, como:
- A concesión dunha amnistía xeral para os presos políticos.
- A proclamación das liberdades sindicais e políticas.
- A designación de altos cargos da administración.
Tamén se proxectaron algunhas tarefas urxentes. Sobre todo, a xente que apoiou este proxecto foron as clases baixas.
A Constitución de 1931
Esta tiña un marcado carácter progresista e democrático, e agrupaba os seguintes principios:
- O Estado configurábase de forma integral, pero aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións.
- O poder lexislativo residía nas Cortes, o poder executivo recaía no goberno e o xudicial recaía nos xuíces independentes.
- Recoñecíanse moitos dereitos e liberdades, e garantíase a igualdade ante a lei para todo o mundo.
Tamén se establecía o voto desde os 23 anos, incluíndo o voto feminino.
O Bienio Reformista (1931-1933)
Este período constitúe o goberno de esquerdas, con Niceto Alcalá Zamora como presidente e Manuel Azaña como xefe de goberno. Foi aquí onde se elaborou a Constitución de 1931. Este goberno levou a cabo diversas reformas:
Reformas Relixiosas
As reformas relixiosas limitaron o poder da Igrexa. Así, coa Lei de Congregacións, practicamente non se lles permitía ter propiedades. Os relixiosos rebeláronse, e tras revoltas, acabouse con conventos queimados.
Reforma Militar
Impulsouse unha reorganización do exército e creouse a Lei de Retiro de Oficiais, que prometía que todos os oficiais en activo debían prometer a súa adhesión á República, pero podían retirarse, se así o querían, co soldo íntegro. A reforma tivo resultados limitados.
Reforma Agraria
Foi o maior proxecto da República e pretendía poñer fin ao latifundismo. Unha serie de primeiros decretos cambiaron aspectos como a imposibilidade de rescindir os contratos de arrendamento das terras, o horario da xornada laboral, así como a obriga de plantar as terras aptas. Foi así cando nas Cortes se elaborou a Lei de Reforma Agraria, que pretendía a modernización da agricultura.
Reformas Laborais
Tamén se produciron reformas laborais coa Lei de Contratos Mixtos, que regulaba a negociación colectiva, e a Lei de Xurados Mixtos, con poder de arbitraxe vinculante en caso de desacordo.
Reformas Educativas e Culturais
Xurdiron coa necesidade dunha mellora do nivel cultural e o obxectivo de promover unha educación liberal e laica.
Problemas do Bienio Reformista
Os problemas que presentou este goberno foron a conxuntura económica desfavorable da época, a conflitividade social e a crise do goberno, que culminou nas eleccións de 1933 coa vitoria do centro-dereita.