Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

A Restauración e a Economía de España e Galicia no Século XIX

Historia2,9 KB

A Restauración (1875-1902)

O Réxime Político e o Turnismo

Proclámase novo rei de España a Alfonso XII, fillo de Isabel II, e comeza o réxime da Restauración cunha monarquía constitucional. Establécese un sistema de quendas no goberno entre os dous grandes partidos:

  • Os Conservadores, dirixidos por Cánovas.
  • Os Liberais, dirixidos por Sagasta.

Faise unha nova constitución, a de 1876, que contiña principios moderados e progresistas. O sistema de quendas ou alternancia no goberno foi posible pola corrupción electoral, manifestada de dous xeitos principais:

  • Nas cidades: o pucherazo (fraude electoral).
  • Nos pobos: o caciquismo (control exercido polos poderosos locais).

Desenvolvemento Económico en España no Século XIX

A Industrialización Tardia

Na...

Seguir lendo "A Restauración e a Economía de España e Galicia no Século XIX" »

A Sociedade de Clases e a Crise da Restauración en España

Historia4,67 KB

A Sociedade de Clases e a Loita Social

A clase dominante era a burguesía, unida coa vella nobreza. As clases populares constituían o 80% da poboación.

Condicións de Vida dos Traballadores

As condicións de vida dos traballadores seguían sendo moi duras, caracterizadas por:

  • O ruído constante nas fábricas.
  • Mala alimentación.
  • Falta de descanso.
  • Altos índices de accidentes laborais.

A isto engadíase o despedimento libre, a rebaixa dos soldos e o analfabetismo xeneralizado. A esperanza de vida era de 30 anos para os traballadores, fronte aos 50 da burguesía. As xornadas laborais estendíanse ata as 15 horas. Moitas mulleres levaban os seus fillos ás fábricas e agochábanos para non ser despedidas.

A Loita das Mulleres pola Igualdade

No século...

Seguir lendo "A Sociedade de Clases e a Crise da Restauración en España" »

Restauración, Movemento Obreiro e Nacionalismos

Historia13,08 KB

A Restauración

O Sexenio, a nivel histórico, foi como unha paréntese entre o reinado de Isabel II e a Restauración. O xeneral Martínez Campos levantou un pronunciamento en Valencia, o cal será o que traia a monarquía e inicie a Restauración.

O período da Restauración comeza no ano 1875 e rematará no 1931. Podemos dividilo en dúas etapas:

  • A primeira abarcaría dende o 1875 até o 1898. Esta será unha etapa de asentamento, onde se implantará o novo sistema e será a etapa de maior esplendor.
  • A segunda etapa abranguería dende o 1898 até o 1931. Esta será a etapa na que o novo sistema instaurado na primeira etapa se desmorone causando unha crise, polo que será unha etapa de decadencia.

A primeira etapa podemos dividila á súa vez...

Seguir lendo "Restauración, Movemento Obreiro e Nacionalismos" »

Revolucións Liberais e Unificacións Nacionais no Século XIX

Historia2,81 KB

As Revolucións Liberais e Nacionais

Revolucións de 1820, 1830 e 1848

  • Revolucións de 1820: Triunfan en España, Grecia e Iberoamérica. O resto foron aplastadas pola Santa Alianza.
  • Revolucións de 1830: En Francia, a monarquía borbónica foi substituída por unha monarquía liberal. Bélxica independizouse de Holanda. En Polonia, fracasou o levantamento contra os rusos.
  • Revolución de 1848: Reclaman sufraxio universal, máis dereitos e liberdades, e foron nacionalistas. En Francia, proclamouse a república, pero no resto de Europa os levantamentos foron aplastados.

A Independencia das Colonias Españolas de América

Causas da Independencia

  1. A influencia das ideas da Ilustración e os exemplos das revolucións norteamericana e francesa.
  2. O descontento
...
Seguir lendo "Revolucións Liberais e Unificacións Nacionais no Século XIX" »

Historia Política da Autonomía Galega e Integración na UE

Historia2,83 KB

O Referendo do Estatuto de Autonomía (1981)

O referendo contou cunha participación ínfima, do 28,3%, dos cales un 72,6% votaron a favor do novo Estatuto. Esta gran abstención pode ser explicada porque a dereita e gran parte da UCD non se esforzaron en animar a participación, mentres que o groso das forzas nacionalistas opuxéronse.

A Evolución Política da Galicia Autonómica

Os Primeiros Gobernos: X. Fernández Albor (CP)

  • X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros gobernos da Autonomía.
  • Neles puxéronse en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento autonómico.

O Goberno Tripartito (PSdeG-PSOE)

  • Os continuos
...
Seguir lendo "Historia Política da Autonomía Galega e Integración na UE" »

Transformacións Económicas en España no Século XIX: Agricultura, Industria e Transportes

Historia4,16 KB

Evolución da Agricultura en España no Século XIX

A pesar das medidas establecidas polos liberais, a agricultura durante o século XIX en España non sufriu un proceso de modernización. As desiguais condicións naturais e sociais deron lugar a unha evolución desigual da agricultura na que se pode diferenciar:

  • Zonas que se especializaron en cultivos con saída ao mercado internacional: Cataluña desenvolveu a produción de cavas.
  • Zonas que permaneceron estancadas: Moitas zonas de Galicia mantiveron un minifundismo.
  • O mantemento do campesiñado arrendatario no norte e o incremento de xornaleiros no sur.

Diversidade Rexional na Industria Española

O desenvolvemento industrial en España presenta fortes desequilibrios rexionais. Fronte a unhas zonas...

Seguir lendo "Transformacións Económicas en España no Século XIX: Agricultura, Industria e Transportes" »

A Década Moderada e o Bienio Progresista en España (1844-1856)

Historia3,22 KB

A Década Moderada (1844-1854)

As eleccións de 1844 deron a maioría aos moderados, que formaron un novo goberno presidido polo xeneral Narváez. Os primeiros gobernos moderados levaron a cabo unha forte represión contra os progresistas, e moitos dos seus líderes optaron por exiliarse. Predominou nesta etapa de goberno a burguesía terratenente. A Coroa e parte do exército convertéronse nos seus máis fieis apoios.

Constitución de 1845

O goberno preparou unha reforma da Constitución progresista de 1837. Esta nova Constitución recollía as ideas básicas do moderatismo:

  • Soberanía conxunta entre os Reis e as Cortes.
  • Ampliación dos poderes do executivo e diminución das atribucións do lexislativo.
  • Restrición do dereito a voto.
  • Institución
...
Seguir lendo "A Década Moderada e o Bienio Progresista en España (1844-1856)" »

O Sexenio Revolucionario en España: Un Intento de Democracia

Historia2,89 KB

O Sexenio Revolucionario (1868-1874): Un Intento de Democracia

Na década de 1850, ao redor da figura de O'Donnell, crearase un novo partido, a Unión Liberal, formado polos moderados máis avanzados e os progresistas menos radicais.

Nos derradeiros anos do reinado isabelino, xurdirá outro partido: o republicano, que defende un sistema político non monárquico e de amplas liberdades. Dentro dos republicanos distínguense dúas correntes: federalistas e unitarios, diferenciados principalmente polas súas ideas de como se debe organizar o Estado.

A mediados do século, comezarán a difundirse, a través da prensa, as ideas socialistas, que irán gañando adeptos lentamente ata crear o seu propio partido.

Así mesmo, cómpre destacar dous factores...

Seguir lendo "O Sexenio Revolucionario en España: Un Intento de Democracia" »

A Primeira República Española: Constitución, Conflitos e Caída

Historia3,37 KB

A Primeira República Española (1873-1874)

Esta constitución seguía as liñas da do ano 1869, en relación coa implantación da democracia e o recoñecemento de amplos dereitos e liberdades. A República tería un presidente, e en canto ás Cortes, manteríanse as dúas cámaras, o Senado e mais o Congreso. Así mesmo, declarábase a liberdade de culto e a separación da Igrexa e o Estado; ratificábase a abolición da escravitude nas colonias e a supresión das quintas, e a reforma dos impostos e o inicio dunha lexislación proteccionista no ámbito laboral foron as leis máis innovadoras.

A Sublevación Cantonal: Crise e Conflito

A sublevación cantonal foi o conflito máis grave que se produciu no breve período republicano e o que provocou...

Seguir lendo "A Primeira República Española: Constitución, Conflitos e Caída" »

As Grandes Ideoloxías Políticas do Século XIX: Unha Análise

Historia2,63 KB

As Grandes Ideoloxías do Século XIX

Liberalismo

O liberalismo apareceu en Gran Bretaña e despois foise estendendo por Europa, os Estados Unidos e tamén por Xapón. É unha doutrina baseada na iniciativa privada, onde a Revolución Industrial impuxo o capitalismo dentro do liberalismo económico.

Un dos grandes impulsores e representantes foi Adam Smith, quen estableceu as bases do liberalismo:

  • O interese persoal e a procura do máximo beneficio son o motor da economía.
  • Os intereses equilibran no mercado grazas ao mecanismo dos prezos que adaptan a oferta e a demanda.
  • O Estado non debe intervir na economía e debe permitir o libre desenvolvemento.

Nacionalismo

O nacionalismo é unha ideoloxía burguesa que defende o dereito de cada nación de gobernarse...

Seguir lendo "As Grandes Ideoloxías Políticas do Século XIX: Unha Análise" »