Revolución Francesa e Era Napoleónica: Etapas e Reformas

Historia4,8 KB

2ª Etapa (1792-1799): A Convención (Liberalismo Radical)

Tras a celebración das novas eleccións, deuse o paso á Convención (asemblea que asume todos os poderes). Abuliu a monarquía. Luís XVI é detido e executado en xaneiro de 1793. Instauración da 1ª República.

A Situación Interna

A situación interna non melloraba e a crise económica aumentaba, consecuencia disto foron levantamentos dos campesiñados impulsados polo catolicismo contrarrevolucionario. A revolución radicalizouse, o que levou ao poder aos xacobinos en xuño de 1793. A labor da Convención, dominada polos xacobinos, foi:

  • A Constitución de 1793 (baseada na soberanía popular e no sufraxio universal masculino).
  • Severa represión. Inaugurábase a época do Terror, na que se perseguiu aos inimigos da revolución e se instaurou unha ditadura dirixida por Robespierre.

No plano militar, a intervención dos países inimigos da revolución obrigou a realizar recrutamentos masivos. No interior, as tensións sociais non cesaban, e as sanguentas represións levadas a cabo polos xacobinos foron executadas. O descontento provocado por estas medidas reforzou a oposición política e propiciou que os moderados desen un golpe de estado en xullo de 1794. Robespierre e os seus seguidores foron tamén executados.

3ª Etapa (Xullo 1794 - Novembro 1799): Directorio (República Moderada)

A Convención, agora controlada polos moderados, impuxo un réxime republicano moderado e desmantelou a obra xacobina coa redacción da Constitución de 1795 (sufraxio censatario). Nela intentouse manter un equilibrio entre os diferentes poderes para evitar radicalismos:

  • Poder executivo: o Directorio (5 membros).
  • Poder lexislativo: dúas asembleas (o Consello dos 500, que propoñía as leis, e o Consello dos Anciáns, que aprobaba as leis).
  • Poder xudicial: garante da Constitución.

O Directorio tivo que facer fronte a dous grandes inimigos: os monárquicos, que conspiraban contra a revolución, e os radicais. No exterior, unha 2ª coalición de países europeos opúxose á difusión da revolución, enfrontándose de novo a Francia. Nestas circunstancias, varios dirixentes apoiaron unha acción drástica do exército que, dirixido polo xeneral Napoleón Bonaparte, levou a cabo un golpe de estado en novembro de 1799 que derrocou o Directorio. Estableceuse entón o Consulado (un novo goberno de 3 cónsules, sendo o 1º cónsul Napoleón). A revolución chegaba ao seu fin e o poder quedaba concentrado nos 3 cónsules, un dos cales, Napoleón, non tardou en asumir progresivamente todos os poderes (en 1802, cónsul vitalicio, e en 1804, emperador).


A Europa Napoleónica (1799-1815)

O Directorio e o Ascenso de Napoleón

O golpe de estado do mes Brumario (novembro 1799) estableceu un poder executivo composto por 3 cónsules. Bonaparte foi elixido primeiro cónsul. A nova Constitución do ano VIII volveulles conceder o dereito de voto a todos os cidadáns e os membros do senado eran elixidos entre unha lista proposta polo primeiro cónsul. Ademais, o goberno tiña iniciativa lexislativa e propoñíalle os proxectos de lei ao corpo lexislativo.

As Reformas Internas

Napoleón introduciu múltiples reformas. A orde pública restableceuse coa creación dun Ministerio de Interior e dunha eficaz policía secreta. Centralizouse a administración. Estableceuse unha importante reforma fiscal. No que respecta ao sistema educativo, introduciuse unha reforma que estendeu o dereito á educación para todos os cidadáns franceses. Promulgouse o novo código de dereito civil, no que se recollían moitas das aspiracións da burguesía. Converteuse no alicerce dunha nova organización política e administrativa. A institución da Revolución Francesa e do Imperio Napoleónico foron aplicadas nos estados vasalos ou aliados. A sociedade estamental foi abolida oficialmente en toda Europa. Estes cambios serían moito máis duradeiros cás alteracións das fronteiras.

A Guerra Europea

A guerra entre Francia e as potencias europeas foi constante entre 1792 e 1815. Francia enfrontábase a outros estados, pero como país abandeirado dun proceso revolucionario, convocaba os pobos do mundo para derrubar a tiranía de cada país. Os exércitos napoleónicos son inexplicables se non se ten en conta as batallas que libraran contra o exército do Antigo Réxime. As elites intelectuais expresaron as súas simpatías por Napoleón, ás veces de modo tan resoante. O conflito franco-británico, estaba presente antes da revolución, era de carácter económico. Napoleón, no cénit do seu poder, decretou un bloqueo continental contra Gran Bretaña, prohibía o comercio coas illas británicas e produciu grandes perturbacións económicas nos dous países.

Descargar

PDF Word HTML