Conceptos Clave do Antigo Réxime e a Ilustración
Antigo Réxime
Etapa en Europa dende o século XVI ata o XVIII, dende Colón ata a Revolución Francesa. A economía é de base agraria, pero con auxe do comercio colonial. A organización social é de base estamental, pero con gran poder da burguesía. A política é un estado monárquico, destacando o absolutismo. Moitos países europeos posúen imperios coloniais. A Ilustración nace no século XVIII. As guerras de relixión fixeron que o Papa de Roma non tivese tanto poder.
Sociedade Estamental
En Europa, na Idade Media e no Antigo Réxime. Tipo de organización social formada polo nacemento e a función: loitar, orar e traballar. Baseada na desigualdade xurídica, os seus grupos son pechados (difícil pasar dun a outro).
Agricultura de Subsistencia
Tipo de agricultura que se caracteriza por ser escasamente produtiva, porque é unha agricultura extensiva (cultiva moita superficie) que produce cereais, vide e oliveira. En España ten gran peso a gandería ovina, que ten privilexios fronte á agricultura.
Terra Amortizada (Vinculada)
É a propiedade que non se pode vender, dividir, cambiar de edificación... Pode aumentarse, e o dono ten que transferila integramente aos herdeiros.
Morgado
Institución propia da nobreza no Antigo Réxime. O fillo varón máis vello herda integramente a propiedade, e foi copiada polos campesiños enriquecidos.
Señorío
Institución pola que grandes extensións de terra están en mans da Igrexa, da nobreza ou do rei. Traballadas polos campesiños, o señor cobra rendas e exerce de xuíz.
Foros
Gran importancia en Galicia. Contrato polo que un señor ou un dono cedía en arrendamento unha propiedade inmoble a cambio dunha renda anual que podía pagarse con produtos procedentes da explotación da mesma.
Estado
Territorio cunha fronteira definida, cuns habitantes, que ten un poder político, unhas leis e, para defender as fronteiras, un exército. No Antigo Réxime, ademais, tiña unha relixión oficial. Pode ser un estado monárquico ou republicano.
Monarquía
Forma de estado propia do Antigo Réxime na que o poder reside nunha persoa pola súa familia (dinastía). Na actualidade, é algo residual e o rei é un símbolo.
Ilustración
En Europa, a finais do Antigo Réxime. Corrente de pensamento que critica o modelo de organización do Antigo Réxime, inspirándose na natureza: as persoas deben guiarse pola razón cun eixo que busca o ben común e a felicidade. Púxose en práctica na política da Revolución Francesa.
Despotismo Ilustrado
Europa no século XVIII. Política de carácter reformista pola que monarcas absolutos aplican principios da Ilustración, pero sen renunciar ao seu poder. Buscan o ben para o goberno, pero teñen a oposición dos campesiños, da Igrexa...
Motín de Esquilache
En 1766, revolta de causas complexas na que se uniron o malestar da poboación pola escaseza e o elevado prezo dos alimentos, o rexeitamento ao excesivo poder dos altos cargos estranxeiros e o descontento dos privilexiados que vían como as reformas ilustradas reducían o seu poder e a súa influencia.