Revolucións Liberais e Unificacións Nacionais no Século XIX

Historia2,81 KB

As Revolucións Liberais e Nacionais

Revolucións de 1820, 1830 e 1848

  • Revolucións de 1820: Triunfan en España, Grecia e Iberoamérica. O resto foron aplastadas pola Santa Alianza.
  • Revolucións de 1830: En Francia, a monarquía borbónica foi substituída por unha monarquía liberal. Bélxica independizouse de Holanda. En Polonia, fracasou o levantamento contra os rusos.
  • Revolución de 1848: Reclaman sufraxio universal, máis dereitos e liberdades, e foron nacionalistas. En Francia, proclamouse a república, pero no resto de Europa os levantamentos foron aplastados.

A Independencia das Colonias Españolas de América

Causas da Independencia

  1. A influencia das ideas da Ilustración e os exemplos das revolucións norteamericana e francesa.
  2. O descontento dos crioulos.
  3. A debilidade do goberno de Fernando VII a causa da Guerra da Independencia. Na década de 1820, todos os países iberoamericanos independizáronse de España, agás Cuba e Porto Rico (colonias ata 1898).

Problemas das Novas Repúblicas Iberoamericanas

  • Fracaso na creación dos Estados Unidos de Sudamérica, loitas polas fronteiras dos novos países...
  • Os xefes militares (caudillos) fixéronse co poder, facendo que o exército controlase a vida política.
  • Os crioulos pasaron a controlar a sociedade, discriminando os indíxenas, negros e as clases baixas. Aumentaron así as grandes diferenzas na sociedade americana.

As Unificacións de Italia e Alemaña

A Europa de Finais do Século XIX

Italia e Alemaña naceron como países en 1870.

Semellanzas nas Unificacións

  1. As unificacións foron dirixidas polos reinos máis desenvolvidos: a alemá polo Reino de Prusia e a italiana polo Reino de Piemonte.
  2. As unificacións conseguíronse despois das sucesivas guerras contra outras nacións e imperios (Austria, Dinamarca e Francia).
  3. A burguesía (aliada coa nobreza e a monarquía) dirixiu os procesos de unificación.
  4. En 1870, proclamáronse oficialmente o Reino de Italia e o II Reich.

Proceso de Unificación de Italia

  • A proclamación de Vítor Manuel II de Piemonte como Rei de Italia en 1861.
  • A retirada dos austríacos da rexión de Véneto.
  • A anexión dos Estados Pontificios e a ocupación de Roma como capital italiana en 1870.

Proceso de Unificación de Alemaña

  • O chanceler prusiano Bismarck dirixiu varias guerras contra Austria, Dinamarca e Francia, unificando os Estados Alemáns baixo o cetro de Prusia.
  • Trala vitoria sobre Francia, proclamouse o II Reich en 1870 e Guillerme I converteuse en Káiser de Alemaña.

Descargar

PDF Word HTML