A Restauración e a Economía de España e Galicia no Século XIX

Historia2,9 KB

A Restauración (1875-1902)

O Réxime Político e o Turnismo

Proclámase novo rei de España a Alfonso XII, fillo de Isabel II, e comeza o réxime da Restauración cunha monarquía constitucional. Establécese un sistema de quendas no goberno entre os dous grandes partidos:

  • Os Conservadores, dirixidos por Cánovas.
  • Os Liberais, dirixidos por Sagasta.

Faise unha nova constitución, a de 1876, que contiña principios moderados e progresistas. O sistema de quendas ou alternancia no goberno foi posible pola corrupción electoral, manifestada de dous xeitos principais:

  • Nas cidades: o pucherazo (fraude electoral).
  • Nos pobos: o caciquismo (control exercido polos poderosos locais).

Desenvolvemento Económico en España no Século XIX

A Industrialización Tardia

Na España do século XIX non se produciron grandes cambios económicos debido á falta de materias primas, a escaseza de comunicacións, a falta de capital e a limitación dos mercados.

As primeiras industrias modernas creáronse en:

  • Cataluña: a industria téxtil.
  • País Vasco, Asturias e Andalucía: a siderurxia, a banca e a Bolsa de Madrid.

A novidade máis importante foi o ferrocarril, pero os carrís tiñan un ancho maior có resto do continente, o que dificultou os intercambios comerciais.

A Reforma Agraria

A agricultura seguiu sendo o motor económico. Fíxose a liberación das terras coa supresión dos morgados e a Desamortización de Mendizábal e Madoz, que puxeron á venda as terras da Igrexa e dos concellos.

Isto permitiu a moitos burgueses que mercasen parcelas, o que aumentou a produción agrícola. Porén, esta liberación tamén fixo que moitos campesiños empobrecesen.

Galicia no Século XIX: Sociedade e Cultura

O Poder dos Caciques e a Industrialización

En Galicia, durante este século, houbo moitas loitas entre liberais e absolutistas. A fidalguía e o clero deron paso á burguesía. O poder estaba en mans dos caciques, que eran os membros das familias da fidalguía que tiñan influencia nas deputacións e nos concellos.

No ámbito industrial, destacou:

  • A industria conserveira de Vigo.
  • A creación da cerámica en Sargadelos.
  • A siderurxia de Ferrol.

O ferrocarril chegou tarde a Galicia, o que limitou o desenvolvemento da industria.

Emigración e Rexurdimento Cultural

A emigración foi masiva; os galegos marchaban a países como Arxentina, Venezuela ou Brasil. Paralelamente, xurdiu o galeguismo e o Rexurdimento, con figuras clave como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal, e naceu o rexionalismo.

Descargar

PDF Word HTML