Historia Política da Autonomía Galega e Integración na UE

Historia2,83 KB

O Referendo do Estatuto de Autonomía (1981)

O referendo contou cunha participación ínfima, do 28,3%, dos cales un 72,6% votaron a favor do novo Estatuto. Esta gran abstención pode ser explicada porque a dereita e gran parte da UCD non se esforzaron en animar a participación, mentres que o groso das forzas nacionalistas opuxéronse.

A Evolución Política da Galicia Autonómica

Os Primeiros Gobernos: X. Fernández Albor (CP)

  • X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros gobernos da Autonomía.
  • Neles puxéronse en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento autonómico.

O Goberno Tripartito (PSdeG-PSOE)

  • Os continuos tirapuxas dentro do goberno levaron á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PSdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno coñecido como Tripartito.
  • Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral.

A Era de Manuel Fraga (PPdeG): Catro Lexislaturas

A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcou un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes ata ese momento.

Factores que reduciron a pluralidade parlamentaria:

  • A decisión unilateral do PP de elevar ata o 5% a porcentaxe mínima de votos para obter representación parlamentaria.
  • A adopción por parte do BNG dun discurso máis moderado, acollendo no seu seo a todas as correntes do nacionalismo agás o independentismo, motivaron que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro.

Deste xeito, fronte á pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no século XXI:

  • PPdeG
  • PSdeG-PSOE
  • BNG

Galicia na Unión Europea: Consecuencias da Integración

Impacto dos Fondos Estruturais e de Cohesión

  • A chegada dos Fondos Estruturais e dos Fondos de Cohesión permitiu que Galicia se achegase un pouco máis á media das rexións da Europa comunitaria en canto a PIB por habitante.
  • Notouse unha gran mellora no que se refire ás infraestruturas.

Sectores Afectados pola Reconversión

Pero a integración tamén afectou a sectores básicos da economía galega, que se viron forzados a proceder a profundas reconversións e adaptacións nas que aínda está inmersa:

  • Agricultura
  • Gandería
  • Pesca
  • Industria naval

Descargar

PDF Word HTML