A Década Moderada e o Bienio Progresista en España (1844-1856)
A Década Moderada (1844-1854)
As eleccións de 1844 deron a maioría aos moderados, que formaron un novo goberno presidido polo xeneral Narváez. Os primeiros gobernos moderados levaron a cabo unha forte represión contra os progresistas, e moitos dos seus líderes optaron por exiliarse. Predominou nesta etapa de goberno a burguesía terratenente. A Coroa e parte do exército convertéronse nos seus máis fieis apoios.
Constitución de 1845
O goberno preparou unha reforma da Constitución progresista de 1837. Esta nova Constitución recollía as ideas básicas do moderatismo:
- Soberanía conxunta entre os Reis e as Cortes.
- Ampliación dos poderes do executivo e diminución das atribucións do lexislativo.
- Restrición do dereito a voto.
- Institución dun Senado non electivo.
- Supresión da Milicia Nacional.
- Exclusividade da relixión católica e mantemento do culto e do clero.
- Conferiulle enormes atribucións á Coroa: disolver as Cortes, nomear ministros, vetar as decisións das Cortes, etc.
Leis importantes do período
As leis máis importantes deste período son:
- Decreto que regulou a liberdade de imprenta.
- A Lei Electoral de 1846.
- Reforma fiscal.
- Aprobación do Código Penal e elaboración dun Código Civil.
- Reforma da Administración pública.
- Estableceuse un sistema nacional de instrución pública (Lei Moyano).
- Implantación do sistema métrico decimal.
- Disolveuse a Milicia Nacional e creouse a Garda Civil.
Outros acontecementos
En Cataluña desenvolveuse a Segunda Guerra Carlista ou Guerra dos Matiners; a represión foi moi dura. En Galicia iniciaron un levantamento establecendo en Santiago unha Xunta Superior de Galicia. Por último, a Revolución de 1854 permitiu que os progresistas regresasen ao poder.
O Bienio Progresista (1854-1856)
Tras o levantamento de 1854, o pronunciamento de Vicálvaro (coñecido como a Vicalvarada), a Raíña chamou a formar goberno ao progresista Espartero, mentres O'Donnell foi nomeado ministro da Guerra.
Reformas iniciais
As primeiras reformas do novo goberno foron:
- Restaurar a Milicia Nacional.
- Restaurar a Lei Municipal que permitía a elección directa dos alcaldes.
- Preparouse unha nova Constitución (1856) que non chegou a ser promulgada (non nata).
- Impulsouse un plan de reformas económicas en defensa da burguesía urbana co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e a industrialización do país.
Reformas económicas clave
- Reanudouse a obra desamortizadora coa lei do ministro Madoz (Desamortización de Madoz). Gran parte dos ingresos investíronse na rede de ferrocarrís.
- A construción de liñas ferroviarias iniciouse coa Lei Xeral de Ferrocarrís.
Conflitividade social
En Cataluña producíronse folgas obreiras. Tamén houbo un levantamento campesiño en terras castelás. O goberno acabou presentando a Lei do Traballo.