Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

O Liberalismo en España: Isabel II e a Guerra Carlista

Historia3,51 KB

Introdución

Que é o Liberalismo?

Liberalismo: Modelo de sociedade posterior ao Antigo Réxime (AR) en Europa e América, que nace no século XIX. Baséase nos principios ilustrados:

  • Capitalismo industrial (propiedade privada, debe actuar a lei oferta-demanda).
  • Soberanía nacional.
  • Sociedade de clases (as persoas nacen cos mesmos dereitos).

Cronoloxía do Reinado de Isabel II

  • Reinado de Isabel II:
    • Minoría (3 aos 13 anos): Rexencias.
    • Maioría: Desde os 13 anos.
  • Feitos salientables:
    • Guerra Carlista.
    • Alternancia no poder entre liberais moderados e progresistas.
  • Leis básicas: Constitución de 1837 (progresista) e de 1845 (moderada).

A figura de Isabel II

Isabel II comezou o seu reinado con 13-14 anos. Involucrouse na política apoiando aos moderados. Ao principio...

Seguir lendo "O Liberalismo en España: Isabel II e a Guerra Carlista" »

Historia das Internacionais Obreiras: AIT e II Internacional

Historia3,37 KB

A Primeira Internacional (AIT)

A mediados do século XIX (1864), a clase traballadora crecía e aumentaba o seu número. Foi necesaria a creación dunha grande organización internacional de traballadores, a AIT. Esta organización, desde os seus inicios, foi marcada por Marx co manifesto inaugural e os estatutos organizativos. Produciuse unha diferenza dentro da AIT entre anarquistas e marxistas.

En 1871, a pesar da súa brevidade (marzo-maio), levouse a cabo a primeira experiencia de goberno obreiro (a Comuna de París). Coa súa derrota e coa represión da Comuna, tivo efectos na política da AIT. A maioría dos gobernos europeos, alarmados polos sucesos da Comuna, perseguiron a AIT, declarándoa fóra de lei. A AIT acabouse disolvendo en...

Seguir lendo "Historia das Internacionais Obreiras: AIT e II Internacional" »

Decadencia da Literatura Galega Medieval e Renacemento da Tradición Oral

Historia4,86 KB

1. Causas da Decadencia da Literatura Galega Despois da Idade Media

A partir da metade do século XIV, Galicia experimenta unha decadencia literaria debido a unha serie de factores:

  1. Decadencia da escola trobadoresca (segunda metade do século XIV) e nacemento da burguesía, con outros gustos literarios e outra concepción da vida.
  2. Guerra entre Pedro I de Castela e Henrique II de Trastámara (1366-1369).
  3. Fracaso das revoltas irmandiñas (século XV).
  4. Loita entre Isabel a Católica e Xoana a Beltranesa pola coroa de Castela (1475-1479).
  5. Distanciamento cada vez maior de Portugal, que inicia un imperio ultramarino (1500, chegada a Brasil).
  6. Nacemento dun novo grupo social no século XVI: a fidalguía, integrada pola baixa nobreza ou por burgueses que serven
...
Seguir lendo "Decadencia da Literatura Galega Medieval e Renacemento da Tradición Oral" »

Constitución de 1812 e o Liberalismo: Fundamentos e Implantación en España

Historia4,35 KB

Constitución Idealista (1812)

Forma de Estado confesional, intransixente e censataria.

Soberanía

Nacional. Considérase nación española aos habitantes da metrópole e das colonias. Os representantes da nación establecen a constitución.

Cidadán

Varón maior. Excepcións:

  • Criados de orixe africana.
  • Os que non teñen economía intelectual e social.
  • Os que non teñen oficio.
  • Os presos, etc.

Teñen dereito de sufraxio.

Sufraxio

Masculino universal con limitacións, indirecto.

Cortes

Xuntanza de deputados como representantes dos cidadáns. Para ser deputado hai que ter unha renda anual (posuír bens) e non pode ser reelixido. Modelo unicameral francés. Resérvanse para si mesmas:

  • Funcións lexislativas: para facer leis ordinarias co Rei.
  • Cortes extraordinarias:
...
Seguir lendo "Constitución de 1812 e o Liberalismo: Fundamentos e Implantación en España" »

Cortes de Cádiz, Liberalismo e Carlismo: Claves do Século XIX en España

Historia3,25 KB

Cortes de Cádiz:

Durante a guerra da independencia, unha xuntanza de deputados que representan a nación. Son de tipo liberal, recoñecen como rei a Fernando VII, son unha alternativa ao estatuto de Baiona. Elaboran leis que poñen fin ao antigo réxime e a constitución do 12.

Pronunciamento:

Levantamento de orixe militar con apoio civil, polo xeral de signo liberal que piden un cambio de goberno. Séculos XIX e XX, no XIX coñecido como golpe de estado. Moi típico en España e as colonias.

Liberalismo:

Etapa a partir do s.XIX baseado nas ideas da ilustración e que ten como principios: o capitalismo, a soberanía nacional e a organización social (sociedade de clases).

Carlismo:

s.XIX-XX en España. Chámaselles irrealistas. Ideoloxía e movemento...

Seguir lendo "Cortes de Cádiz, Liberalismo e Carlismo: Claves do Século XIX en España" »

Motín de Esquilache e outros eventos clave da historia de España

Historia3,17 KB

Motín de Esquilache (1766)

Revolta de causas complexas na que se uniron o malestar da poboación pola escaseza e o elevado prezo dos alimentos, o rexeitamento ao excesivo poder dos altos cargos estranxeiros e o descontento dos privilexiados que vían como as reformas ilustradas reducían o seu poder e a súa influencia.

Tratado de Fontainebleau (comezos do século XIX)

Acordo entre España e Francia para invadir Portugal coa finalidade de atacar os ingleses. Para levarse a cabo, as tropas francesas deberían cruzar España.

Motín de Aranjuez (século XIX)

Revolta popular e cortesá en España. Coa sospeita de que Napoleón non pensa abandonar España, obrígase a Carlos IV a destituír a Godoy e entregarlle o trono ao seu fillo Fernando.

Estatuto

...
Seguir lendo "Motín de Esquilache e outros eventos clave da historia de España" »

Cortes de Cádiz: Soberanía Nacional e Constitución de 1812

Historia3,15 KB

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Faise unha reunión en Cádiz (única cidade non invadida polos franceses), pero aínda así hai moitos substitutos pola dificultade para chegar a Cádiz. Incluso chegan representantes das colonias americanas. Reunidos os deputados en Cortes, teñen que decidir de que tipo queren ser: Cortes estamentais ou liberais (definicións). Na primeira sesión deciden xuntarse en cámara única e proclaman a soberanía nacional, o recoñecemento de que o poder reside no conxunto dos cidadáns, representados nas cortes.

As cortes estaban constituídas por eclesiásticos, avogados, militares, mariños, catedráticos de universidades, nobres, médicos, comerciantes, arquitectos, bachareis, escritores, funcionarios...

Seguir lendo "Cortes de Cádiz: Soberanía Nacional e Constitución de 1812" »

Conceptos Clave Historia de España: S. XVIII, Cortes de Cádiz e Constitución

Historia3,38 KB

Cortes de Cádiz

Durante a Guerra da Independencia, unha xunta de deputados representante da nación. Son de carácter liberal, recoñecen a Fernando VII como rei e son unha alternativa ao Estatuto de Baiona. Elaboran leis que poñen fin ao Antigo Réxime e a Constitución de 1812.

Constitución

Lei suprema dun Estado liberal elaborada por representantes dos cidadáns reunidos nas Cortes. Debe incluír:

  • División de poderes
  • Declaración de dereitos e liberdades

O Século XVIII e o Antigo Réxime

Nesta época existe o chamado Antigo Réxime.

Sociedade

A poboación está organizada nunha sociedade estamental, que ten como características esenciais a desigualdade xurídica e o inmobilismo social, dividida en:

  • Privilexiados: Nobreza e clero, que posúen
...
Seguir lendo "Conceptos Clave Historia de España: S. XVIII, Cortes de Cádiz e Constitución" »

Conceptos Clave do Antigo Réxime e a Ilustración

Historia3,37 KB

Antigo Réxime

Etapa en Europa dende o século XVI ata o XVIII, dende Colón ata a Revolución Francesa. A economía é de base agraria, pero con auxe do comercio colonial. A organización social é de base estamental, pero con gran poder da burguesía. A política é un estado monárquico, destacando o absolutismo. Moitos países europeos posúen imperios coloniais. A Ilustración nace no século XVIII. As guerras de relixión fixeron que o Papa de Roma non tivese tanto poder.

Sociedade Estamental

En Europa, na Idade Media e no Antigo Réxime. Tipo de organización social formada polo nacemento e a función: loitar, orar e traballar. Baseada na desigualdade xurídica, os seus grupos son pechados (difícil pasar dun a outro).

Agricultura de Subsistencia

Tipo...

Seguir lendo "Conceptos Clave do Antigo Réxime e a Ilustración" »

Guerras Carlistas e Construción do Estado Liberal en España

Historia3,96 KB

As Guerras Carlistas e a Construción do Estado Liberal

O Conflito entre Isabelinos e Carlistas

Por unha banda, os isabelinos propuñan a abolición do Antigo Réxime e a implantación dun Estado Liberal. Contaban co apoio social da alta nobreza, os funcionarios, a burguesía e as clases populares urbanas.

A Guerra Carlista tivo dúas etapas principais:

  • 1833-1836: Unha fase de expansión e vitorias carlistas.
  • 1836-1840: Un período de debilitamento dos carlistas (marcado por “expedicións”) e a vitoria final dos liberais.

Os Carlistas: Ideoloxía e Apoios

O lema dos carlistas era “Deus, Patria, Foros” ou “Deus, Patria, Rei”. O papel dos foros era un lema que lles traía moitos apoios. Tiñan o apoio social da nobreza rural (fidalgos),...

Seguir lendo "Guerras Carlistas e Construción do Estado Liberal en España" »