Motín de Esquilache e outros eventos clave da historia de España
Motín de Esquilache (1766)
Revolta de causas complexas na que se uniron o malestar da poboación pola escaseza e o elevado prezo dos alimentos, o rexeitamento ao excesivo poder dos altos cargos estranxeiros e o descontento dos privilexiados que vían como as reformas ilustradas reducían o seu poder e a súa influencia.
Tratado de Fontainebleau (comezos do século XIX)
Acordo entre España e Francia para invadir Portugal coa finalidade de atacar os ingleses. Para levarse a cabo, as tropas francesas deberían cruzar España.
Motín de Aranjuez (século XIX)
Revolta popular e cortesá en España. Coa sospeita de que Napoleón non pensa abandonar España, obrígase a Carlos IV a destituír a Godoy e entregarlle o trono ao seu fillo Fernando.
Estatuto Real de Baiona (comezos do século XIX)
Conxunto de leis elaboradas en Baiona (Francia) a iniciativa de Napoleón e aprobadas polos representantes das Cortes estamentais. Primeira lei que limita o poder do monarca absoluto en España.
Estatuto Real (Carta outorgada)
Lei propia da transición entre o Antigo Réxime e o liberalismo en Europa. Conxunto de leis que non son elaboradas por representantes da nación. Un rei (polo xeral absoluto) limita os seus poderes.
Xuntas (Guerra da Independencia)
Institución política de orixe popular e dirixida polas elites, xurdida como oposición aos franceses durante a Guerra da Independencia en España. Buscan articular unha oposición á ocupación francesa. Contan co apoio dos ingleses. Recoñecen como rei a Fernando VII.
- Locais: Máis populares e básicas. Onde máis apoian a Fernando VII.
- Provinciais: Declaran a guerra a Napoleón, buscan o apoio dos ingleses.
- Suprema Central: O goberno recoñece como rei a Fernando VII.
Guerrillas (Guerra da Independencia)
Tipo de guerra baseada na resistencia, obstinación, ataques non frontais ao inimigo e unha guerra de desgaste. Propia de exércitos inferiores ao inimigo. A guerrilla, para poder actuar, necesita o apoio da poboación civil.
Afrancesados (Guerra da Independencia)
Ilustrados que durante a guerra apoian a Xosé Bonaparte porque crían que aplicarían os principios do liberalismo e que limitaría o poder da Igrexa. Ex: Godoy.
Cortes estamentais (Idade Media - Antigo Réxime)
Representación da sociedade estamental ante o rei. Cada estamento ten un voto. O terceiro estado son os representantes das cidades (burguesía). No século XVIII, despois de que cheguen os Borbóns, hai en España: Castela, Navarra e Xuntas Xerais vascas.
Cortes liberais (Idade Contemporánea)
Representantes dos cidadáns. Cada deputado ten un voto. Pode ter unha ou dúas cámaras (normalmente franceses 1 e ingleses 2). Establecen leis básicas. Poden ser ordinarias (cando se fan leis normais) ou extraordinarias (cando se fai unha constitución).
Constitución (Idade Contemporánea)
Lei suprema dun estado liberal elaborada por representantes dos cidadáns reunidos nas Cortes. Debe ter: división de poderes e declaración de dereitos e liberdades.