Cortes de Cádiz, Liberalismo e Carlismo: Claves do Século XIX en España

Historia3,25 KB

Cortes de Cádiz:

Durante a guerra da independencia, unha xuntanza de deputados que representan a nación. Son de tipo liberal, recoñecen como rei a Fernando VII, son unha alternativa ao estatuto de Baiona. Elaboran leis que poñen fin ao antigo réxime e a constitución do 12.

Pronunciamento:

Levantamento de orixe militar con apoio civil, polo xeral de signo liberal que piden un cambio de goberno. Séculos XIX e XX, no XIX coñecido como golpe de estado. Moi típico en España e as colonias.

Liberalismo:

Etapa a partir do s.XIX baseado nas ideas da ilustración e que ten como principios: o capitalismo, a soberanía nacional e a organización social (sociedade de clases).

Carlismo:

s.XIX-XX en España. Chámaselles irrealistas. Ideoloxía e movemento político que defende os dereitos de Carlos Mª, irmán de Fernando, ao trono e que defende a pervivencia do A.R.

Isabelinos:

s.XIX-XX en España. Partidarios de Isabel II de ideoloxía liberal, queren rematar co AR e facer reformas que leven ao liberalismo.

As forzas isabelinas:

Moitos apoios dos antigos líderes de guerrillas. Consigue formar un exército regular e eficaz. En parte porque vai obter cartos da amortización.

Concordato:

É un acordo entre a igrexa católica (Santa Sede) e o Estado para regular as relacións entre eles, en materia de mutuo interese.

Estado unitario:

No que hai un único poder orixinario, soberano. Pode ser centralizado ou descentralizador.

Estado federal:

No hai varios núcleos extraordinarios de poder, soberanos. Cada territorio ten institucións propias.


● A política no século XVIII son os estados e as monarquías, que estivo encarnada pola dinastía dos Austrias. Monarquía Absoluta imponse a comezos do século, a casa de Borbón, trala guerra de sucesión, un gran conflito no equilibrio de poder entre as potencias europeas polo nomeamento de Felipe V como rei no trono español, o cal fortalecería a influencia dos Borbóns en Europa e rapidamente en Gran Bretaña, Holanda e Portugal contrarias a tal situación, déronlle o seu apoio ao candidato austríaco e entraron en guerra contra Francia e España, deste xeito a sucesión do trono español pasou a ser un conflito internacional. Os primeiros Borbóns para consolidar o seu poder absoluto, estableceron cos chamados Decretos da Nova Planta, unha política centralizadora (todo se decide desde Madrid) e uniformizadora (impoñer as mesmas leis en todo o reino). Como consecuencia, a Coroa de Aragón perde as leis propias e réxese polas leis de Castela. Soamente o territorio vasco e Navarra conservan a súa personalidade política e xurídica. Outra consecuencia é a división de España en provincias.


●As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812: Estes acontecementos teñen lugar ao mesmo tempo que se desenvolve a guerra da independencia. En Cádiz, deséñase un novo modelo político baseado no liberalismo, o que supón a liquidación do Antigo Réxime.

Descargar

PDF Word HTML