Historia das Internacionais Obreiras: AIT e II Internacional

Historia3,37 KB

A Primeira Internacional (AIT)

A mediados do século XIX (1864), a clase traballadora crecía e aumentaba o seu número. Foi necesaria a creación dunha grande organización internacional de traballadores, a AIT. Esta organización, desde os seus inicios, foi marcada por Marx co manifesto inaugural e os estatutos organizativos. Produciuse unha diferenza dentro da AIT entre anarquistas e marxistas.

En 1871, a pesar da súa brevidade (marzo-maio), levouse a cabo a primeira experiencia de goberno obreiro (a Comuna de París). Coa súa derrota e coa represión da Comuna, tivo efectos na política da AIT. A maioría dos gobernos europeos, alarmados polos sucesos da Comuna, perseguiron a AIT, declarándoa fóra de lei. A AIT acabouse disolvendo en New York en 1876.

O Nacemento da Segunda Internacional

Despois, a finais do século XIX, formáronse partidos socialistas nacionais que se agruparon na II Internacional. Os anos que van entre 1875 e 1914 caracterízanse pola fundación e a consolidación de partidos socialistas. Creáronse partidos como:

  • O Partido Socialdemócrata Alemán (SPD) en 1875 mediante a fusión de dúas organizacións obreiras.
  • O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879 por Pablo Iglesias.
  • O Partido Socialista Danés, entre outros.

A SPD era unha organización modélica e debería intentarse imitar.

A Segunda Internacional (1889)

A existencia de elementos comúns entre todos os partidos socialistas levou ao nacemento da II Internacional en 1889 en París durante a Exposición Universal. A Internacional era unha federación flexible de partidos socialistas que solucionou os problemas que dividiran a AIT. Posteriormente pasou a tratarse dunha confederación de partidos socialistas que aceptaban o sistema democrático.

Características e Actividades da II Internacional

A semellanza que ten a II Internacional coa SPD é que organizaban reunións para tratar temas específicos que tiñan un grande impacto na opinión pública.

  • O secretariado internacional de Mulleres Socialistas estivo dirixido por Clara Zetkin desde 1907, a cal loitou pola emancipación feminina e promoveu o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo).
  • O congreso da II Internacional fixo que o 1 de maio de 1890 se convocasen os traballadores para reivindicar a xornada de 8 horas. O 1 de maio converteuse nunha mostra de forza e solidariedade internacional obreira.

Debates Internos e Tendencias na II Internacional

A pesar disto, existían fortes diferenzas doutrinais e políticas a pesar da súa fortaleza. O crecemento da forza parlamentaria e as conquistas sociais que se ían conseguindo con métodos pacíficos e democráticos explica que comezaran a revisarse as teses revolucionarias que Marx elaborara para situacións históricas diferentes. Fronte a esas teses, estendíase un socialismo revolucionario (representado polos rusos), que mantiñan unha versión revolucionaria e insurreccional do marxismo.

Na II Internacional había dúas tendencias principais:

  1. Unha minoritaria, que levou á Revolución Rusa e a intentos revolucionarios.
  2. Outra maioritaria, a política reformista e socialdemócrata que defenderon os partidos socialistas ata a actualidade.

Descargar

PDF Word HTML