Cortes de Cádiz: Soberanía Nacional e Constitución de 1812

Historia3,15 KB

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Faise unha reunión en Cádiz (única cidade non invadida polos franceses), pero aínda así hai moitos substitutos pola dificultade para chegar a Cádiz. Incluso chegan representantes das colonias americanas. Reunidos os deputados en Cortes, teñen que decidir de que tipo queren ser: Cortes estamentais ou liberais (definicións). Na primeira sesión deciden xuntarse en cámara única e proclaman a soberanía nacional, o recoñecemento de que o poder reside no conxunto dos cidadáns, representados nas cortes.

As cortes estaban constituídas por eclesiásticos, avogados, militares, mariños, catedráticos de universidades, nobres, médicos, comerciantes, arquitectos, bachareis, escritores, funcionarios e xente sen profesión determinada. Alonso López foi representante pola xunta de Galicia. Di que ten que haber menos tabernas e máis cousas importantes. A isto chamáronlle as Cortes de Cádiz (definición), na que se decidirá a aprobación da Constitución de 1812 (definición).

A acción lexislativa das Cortes de Cádiz, nunha primeira sesión aprobou a soberanía nacional, e máis tarde aproban leis e decretos destinados a eliminar o Antigo Réxime: os Señoríos (xurisdicional “exerce de xuíz” e territorial “ser dono do territorio”), decretouse a eliminación dos morgados, a desamortización de terras comunais, aboliuse a Inquisición, hai liberdades, establécense as de imprenta e traballo, anulan a Mesta, unifícanse os mercados; pero os absolutistas e o clero opóñense á valoración destas medidas.

A Constitución de 1812: A "Pepa"

A Constitución de 1812 é preparada por unha comisión de deputados e sae aprobada no pleno de Cortes o 19/3/12. Por isto é coñecida como a “Pepa”. Pero hai problemas para ser aplicada a causa da situación da guerra e as diferencias entre absolutistas e liberais. Para facer esta constitución, seguen o modelo da francesa de 1791. Contén a soberanía nacional, e son os cidadáns os habitantes dos dous hemisferios. Declara os dereitos e amplas liberdades: pensamento, opinión, dereitos individuais, propiedade privada... A forma de estado é unha monarquía e a división de poderes é tripartita (lexislativo, executivo e xudicial). As cortes son unicamerais e o estado é confesional (España ten unha relixión); son os concellos os que elixen aos seus representantes e o ensino primario pasa a ser responsabilidade do Goberno.

O Reinado de Fernando VII (1814-1833)

O adxectivo que máis se lle aplica a Fernando é “felón”. Fernando era moi gobernante, absolutista pero nunca quere deixar o poder, era listo no sentido de que sabía manipular a xente, e se lle facían algo era moi vengativo e rencoroso. Casou catro veces, sempre con mulleres máis novas (sobriñas). Só catro anos de morrer logrou ter descendentes.

O Sexenio Absolutista (1814-1820)

Remata a Guerra e Fernando volve a España, os liberais pretendían que o monarca xurase a constitución e os absolutistas vían o momento de volver ao Antigo Réxime. Un grupo de deputados presenta en Valencia ao rei o chamado Manifesto dos

Descargar

PDF Word HTML