O Liberalismo en España: Isabel II e a Guerra Carlista
Introdución
Que é o Liberalismo?
Liberalismo: Modelo de sociedade posterior ao Antigo Réxime (AR) en Europa e América, que nace no século XIX. Baséase nos principios ilustrados:
- Capitalismo industrial (propiedade privada, debe actuar a lei oferta-demanda).
- Soberanía nacional.
- Sociedade de clases (as persoas nacen cos mesmos dereitos).
Cronoloxía do Reinado de Isabel II
- Reinado de Isabel II:
- Minoría (3 aos 13 anos): Rexencias.
- Maioría: Desde os 13 anos.
- Feitos salientables:
- Guerra Carlista.
- Alternancia no poder entre liberais moderados e progresistas.
- Leis básicas: Constitución de 1837 (progresista) e de 1845 (moderada).
A figura de Isabel II
Isabel II comezou o seu reinado con 13-14 anos. Involucrouse na política apoiando aos moderados. Ao principio do seu reinado era moi querida polo pobo, aínda que despois chegarían a odiala. Foi expulsada no ano 1868.
A Construción do Estado Liberal: As Rexencias (1833-1843)
A Guerra Carlista
Proclamouse rei o infante Carlos María Isidro, co que se iniciaba así unha longa guerra civil que habería de enfrontar os defensores do Antigo Réxime cos partidarios de iniciar un proceso reformista de carácter liberal:
- O carlismo presentábase como unha ideoloxía tradicionalista e antiliberal, que recollía a herdanza de movementos semellantes anteriores e máis os apostólicos. Baixo o lema “Deus, Patria e Foros”, o papel dos foros consistiría en obter apoio dos lugares onde pervivían. Contaba co apoio do clero e cunha parte da pequena nobreza agraría. Tamén cunha ampla base social campesiña e cobrou forza nas zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, así como en Aragón e Valencia. Identificábanse cos valores defendidos pola Igrexa, á que consideraban defensora da sociedade tradicional.
- A causa isabelina contou co apoio dunha parte da alta nobreza e dos funcionarios, así como dun sector da xerarquía eclesiástica. Ante a necesidade de ter que ampliar esta base social, a rexente viuse obrigada a procurar a adhesión dos liberais. Así que, non tivo máis remedio que acceder ás demandas dos liberais que esixían a fin do absolutismo e do Antigo Réxime.
Desenvolvemento do conflito
Os carlistas non puideron contar inicialmente cun exército regular e organizaron os seus efectivos en grupos armados que actuaban segundo o método de guerrillas, mentres que os isabelinos contaban cun exército regular e eran líderes da Guerra da Independencia, tendo así maior eficacia ca os carlistas. As primeiras partidas carlistas levantáronse en 1833. Etapas:
- A primeira etapa (1833-1835) caracterizouse pola estabilización da guerra no norte e os triunfos carlistas.
- Na segunda etapa (1836-1840) a guerra decantouse cara ao bando liberal a partir da vitoria do xeneral Espartero. A constatación da debilidade do carlismo propiciou discrepancias entre os transaccionistas, partidarios de acadar un acordo cos liberais, e os intransixentes, defensores de continuar a guerra. Fíxose así a sinatura do Convenio de Vergara, que establecía o mantemento dos foros nas provincias vascas e máis en Navarra, así como a integración da oficialidade carlista no exército real.